InicioSociedadeOs hospitais de Lugo prepáranse ante a previsión dunha repunta significativa de...

Os hospitais de Lugo prepáranse ante a previsión dunha repunta significativa de ingresos

O director asistencial da área de Lugo pide especial atención no cumprimento das medidas sanitarias nos centros hospitalarios para evitar gromos nestes ámbitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O director asistencial da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Rafael Monte, recoñeceu que “é moi probable que se manteña un número moi elevado de casos novos” de Covid-19 durante “dúas ou tres semanas máis” e unha “porcentaxe significativa” das persoas infectadas terán que ingresar nos hospitais da provincia.

En declaracións aos medios de comunicación, Monte recoñeceu que a “previsión é preocupante” e por iso os hospitais da provincia están “tentando” prepararse “para abordar esta situación nas mellores condicións posibles”.

No momento actual, a situación é de “estabilidade” nos hospitais públicos de Lugo, dado que o HULA aínda “non está nos niveis de novembro”, aínda que é algo “máis tensionada” na Mariña pola incidencia do virus nesa comarca, onde O Vicedo, Cervo, Burela e Xove están no nivel máximo de restricións e Viveiro mesmo con medidas adicionais.

Na UCI do HULA hai nestes momentos oito pacientes ingresados, pero “aínda hai marxe para aumentar a capacidade se fose necesario”. “Creo que os tres hospitais están preparados” para facer fronte ao que “pensamos pode ocorrer nas próximas semanas” e “afrontar esta terceira onda”m sinalou o director asistencial.

EVITAR GROMOS NOS HOSPITAIS

Por outra banda, afirmou que “neste momento, máis que nunca, vendo como está a aumentar a incidencia na poboación, é absolutamente capital atender ás recomendacións en relación aos acompañamentos dentro dos hospitais. Debemos de impedir custe o que custe que se produzan gromos de coronavirus nos hospitais que veñan importados por familiares ou acompañantes”.

A previsión con respecto ao que pode suceder nas próximas semanas, á espera de que se noten as restricións decretadas pola Consellería de Sanidade, aséntase no “aumento sostido no número de casos e na incidencia acumulada” que se vive desde hai días na área sanitaria.

Monte precisou que nos “últimos días” se produciu “un aumento constante de casos” que “afecta os tres distritos” da área sanitaria, especialmente á comarca da Mariña.  En canto ás medidas adicionais, lembrou que se están reforzando os cribados poboacionais en lugares cunha incidencia elevada e esta semana vaise realizar un en Vilalba.

ÚLTIMAS

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...

Carmela López reivindica o papel da muller na política na súa elección como presidenta da Deputación de Lugo

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, foi elixida este mércores como nova...