InicioSociedadeMáis de 100 operarios despregados para as nevadas previstas en Noitevella

Máis de 100 operarios despregados para as nevadas previstas en Noitevella

A Deputación de Lugo recomenda á veciñanza consultar as previsións meteorolóxicas antes de realizar saídas e extremar todas as precaucións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo manterá despregado por completo o seu dispositivo invernal para facer fronte á previsión de fortes nevadas este xoves e venres.

Concretamente, a institución provincial poñerá todos os seus recursos a disposición da veciñanza da provincia para garantir, na medida do posible, a seguridade da rede viaria provincial e municipal e atender as incidencias que poidan causar a situación meteorolóxica.

Deste xeito, a Deputación terá despregados un total de 112 operarios e 64 máquinas e disporá de máis de 420 toneladas de sal nos 12 silos cos que conta, situados noutros tantos concellos da provincia, para desfacer as placas de xeo que haxa no firme.

En todo caso, a Deputación recomenda á veciñanza consultar as previsións meteorolóxicas antes de realizar saídas e extremar todas as precaucións.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...