InicioEconomíaA hostalaría quere evitar as ceas de empresa e promove os bonos-regalo...

A hostalaría quere evitar as ceas de empresa e promove os bonos-regalo para traballadores

A Apehl apoiou a reivindicación de compañeiros pontevedreses, que iniciaron unha camiñada a Madrid para solicitar no Congreso o "rescate do sector".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, viaxou a Madrid para apoiar e acompañar os sete compañeiros de Pontevedra que iniciaron unha camiñada reivindicativa para pedir o “rescate do sector”. Alí, Real aproveitou para pór de manifesto unha vez máis as problemáticas ás que se enfrontan e anunciou a campaña ‘Regálale, regálate’.

“Toda a hostalaría está nunha situación absolutamente ao límite”, alertou. Por iso, a nova acción da Apehl promove que “as empresas poidan regalar aos seus empregados tiques de estancia en hoteis e casas rurais ou ceas e comidas en diferentes establecementos da provincia a elixir”.

Non queremos que este ano haxa cenas masivas de empresas nos nosos establecementos, porque sabemos que o imos pagar nós. Somos o único sector que está aquí sacrificado e sabemos que se iso sucedese, logo acarrearía novos peches de todo o sector”, declarou.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...