InicioSociedadeA Policía Local de Lugo interpuxo 61 denuncias por incumprir o toque...

A Policía Local de Lugo interpuxo 61 denuncias por incumprir o toque de recollida na cidade

Houbo 273 sancións por non usar máscara e 31 por botellóns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo formulou entre medidados de xuño e o pasado 8 de decembro un total de 558 denuncias por infraccións das medidas relacionadas coa pandemia de coronavirus, a maioría por non usar máscara.

Así figura nun informe elaborado polo Concello lugués que será remitido á Administración autonómica. Nel recóllense as infraccións das medidas decretadas polo Goberno galego desde que o Estado traspasou ás comunidades a xestión das restricións pola pandemia a mediados do mes de xuño.

Das 558 denuncias formuladas polos efectivos da policía municipal da Cidade dás Murallas, máis da metade –273– foron por non usar a máscara sen manter a distancia de seguridade interpersoal. Ademais, outras 62 sancións estiveron relacionadas con reunións de non conviventes cando estas non estaban permitidas no termo municipal. Outras 61 foron por incumprimentos do toque de queda e 58 por entrar ou saír do concello sen xustificación.

Así mesmo, houbo outras sete actas levantadas a establecementos de hostalaría por superar o aforamento permitido, dous por detectarse persoas fumando no interior de locais, así como dous por consumo e outras dúas por servir no interior cando non estaba permitido. Ademais, catro persoas foron sancionadas por atoparse na vía pública sendo positivo en covid-19.

BOTELLÓNS E FESTAS

Por outra banda, no informe elaborado polo goberno local de Lugo tamén se inclúen as sancións detectadas nos dispositivos para velar polo cumprimento das medidas en espectáculos públicos e zonas de lecer.  Deste xeito, a Policía municipal levantou 31 actas por botellóns, 19 por fumar sen manter a distancia interpersoal e 18 por celebrar eventos familiares no interior de domicilios particulares.

Por último, o concello que dirixe a alcaldesa Lara Méndez sinala que se atopa en proceso de elaboración dun “dispositivo para proceder ao cobro das infraccións, a pesar de considerar que non entra dentro das súas competencias xa que a sanitaria correspóndelle á Xunta de Galicia”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...