InicioMedioambiente e PatrimonioDeputación e Diocese destinan 300.000 euros á conservación do patrimonio histórico de...

Deputación e Diocese destinan 300.000 euros á conservación do patrimonio histórico de Lugo

Farán actuacións na Catedral de Lugo, así como en igrexas de Monforte, O Saviñao, O Íncio e O Courel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o arcebispo Alfonso Carrasco Rouco asinaron este mércores un convenio de colaboración polo que ambas as entidades destinarán un total de 300.000 euros á conservación do patrimonio histórico e artístico da provincia.

En concreto, o acordo contempla que a institución provincial achegue unha cantidade de 150.000 euros á diocese que, á súa vez, destinará outros 150.000 euros á mellora e rehabilitación de seis bens culturais situados nos municipios de Lugo, Monforte, O Incio, O Saviñao e O Courel.

No acto, do que informou a Deputación nun comunicado, Tomé sinalou que, con esta achega, a institución provincial demostra o seu “compromiso pola promoción do territorio para dinamizar a economía e o turismo”. “Un compromiso que demostramos desde o principio do mandato con iniciativas importantes, como a entrada da institución na Ruta Transrománica, recoñecida polo Consello de Europa, e tamén nos orzamentos de 2021, nos que aumentamos un 10% os fondos para o turismo“, indicou.

En concreto, o acordo asinado este mércores executarase en dous anos e recolle actuacións na Catedral de Lugo –ás que se destinarán 93.000 euros–; na igrexa de San Miguel de Marcelle e na Santa María da Régoa, ambas as en Monforte –recibirán 10.000 e 45.000 euros, respectivamente–; na de San Salvador de Vilaesteva, no Saviñao –50.000 euros–; na de San Cristovo da Cervela, no Incio –50.500 euros–; así como na de San Pedro de Noceda, en Folgoso do Courel –recibirá 51.500 euros–.

No encontro celebrado no Pazo de San Marcos, o presidente da Deputación entregou ao bispo como agasallo institucional unha cesta de produtos da provincia, como aceite de Quiroga ou crema de castañas do Courel, entre outros; e o libro ‘Ribeira Sacra, Galicia para soñar’, que recolle fotografías de Antón Rodicio.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...