InicioEconomíaO novo hotel de catro estrelas de Lugo comeza a mudar en...

O novo hotel de catro estrelas de Lugo comeza a mudar en realidade

O ambicioso complexo do empresario Dámaso Expósito foi presentado oficialmente, reafirmando a súa aposta en colaboración coa multinacional AccorHotels

PUBLICADA O

- Advertisement -

A antiga residencia da Compañía de María está xa en obras. Logo da adquisición do edificio por parte da sociedade de restauración Oktonal, administrada polo empresario local Dámaso Expósito, comezou a xestarse a idea dun hotel de catro estrelas na avenida Ramón Ferreiro. Ano e medio despois, o compromiso é firme: oito millóns de euros de investimento para un complexo de 90 habitacións e unha ampla zona verde, que abrirá a finais de 2019.

O proxecto correspondeu a envergadura do plantexamento inicial por medio do acordo coa multinacional francesa AccorHotels, que opera 4.200 hoteis e 10.000 residencias de luxo nun cento de países. Finalmente será a marca Mercure a responsable do complexo, coa vista posta en aproveitar o potencial do eido gastronómico en Lugo.

Con catro estrelas e noventa habitacións, o novo hotel da avenida Ramón Ferreiro presumirá tamén dun excepcional xardín. Esta iniciativa hostaleira, que incluirá un aparcadoiro público, dará emprego directo a un equipo de 30 persoas. Se os prazos de construcción non sofren alteracións, os responsables agardan que a inauguración se produza antes de que remate 2019.

Na presentación do hotel compareceron o propio Dámaso Expósito, de Oktonal, o CEO de AccorHotels no sur de Europa, Jean-Charles Delgado, a xefa provincial do servizo de Turismo de Galicia, Paloma Vázquez, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, e a alcaldesa Lara Méndez.

O representante do goberno autonómico avanzou o comportamento positivo da demanda hoteleira na cidade de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A cifra de viaxeiros aloxados aumentou un 8,4 por cento e o volume de noites un 1,7 en termos interanuais. “É o cuarto ano consecutivo no que se observa unha mellora dos niveis de demanda en Lugo no conxunto dos primeiros seis meses do ano –confirmou Balseiro–, circunstancia que eleva o volume final a 131.000 noites”.

Cheché Real: “A Lugo só lle falta unha pista de esquí”

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...