InicioSociedadeA hostalaría poderá abrir dende o venres, aínda que con limitacións

A hostalaría poderá abrir dende o venres, aínda que con limitacións

A Xunta tamén permite as reunións de non conviventes, cun número máximo de persoas. En Lugo, bares e restaurantes poderán abrir ata as 17:00 horas cunha capacidade do 30% no interior e 50% nas terrazas. En Vilalba só se poderán abrir as terrazas á metade da súa capacidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia permitirá desde a medianoite do xoves ao venres, co “inicio da desescalada”, a apertura da hostalería mesmo naquelas zonas con peche perimetral, aínda que será con limitacións. Tamén poderá haber reunións de non conviventes, incluso no ámbito privado dos fogares. O número máximo de persoas virá determinado polo grupo de incidencia ao que pertenza o concello.

Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, nunha comparecencia celebrada este mércores para detallar as decisións tomadas polo comité clínico na reunión deste martes, que se prolongou máis de catro horas.

INCIDENCIA MÁXIMA: VILALBA

En concreto, segundo os datos avaliados este martes -que se actualizarán en futuros encontros- nas áreas en peor situación (por encima dos 250 casos por 100.000 habitantes a 14 días) abriranse as terrazas da hostalería ata as 17:00 horas e ao 50 por cento de ocupación. Poderán xuntarse ata catro persoas non convivintes. O municipio de Vilalba atópase neste grupo.

INCIDENCIA MEDIA-ALTA: LUGO

No nivel intermedio, de localidades con incidencia entre 150 e 250 casos a 14 días por 100.000 habitantes, a hostalería reabrirá ao 30 por cento en interiores e 50 por cento en terrazas, ata as 17:00 horas e con agrupacións máximas de catro non conviventes. Estas serán as circunstancias ás que se deberán adaptar os establecementos do concello de Lugo, que aínda mantén o peche perimetral.

INCIDENCIA BAIXA OU BÁSICA

O seguinte nivel, con incidencia de 100 a 150 casos por máis de 100.000 habitantes a 14 días permitirase abrir a hostalería  ata as 23:00 horas ao 40% en interior e ao 50 en exterior, cun máximo de seis persoas non conviventes. Burela deberá seguir estas restricións, canda a área da Coruña ou Silleda.

Finalmente, os concellos por baixo dos 100 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días -Santiago, Ames, Teo ou Ourense e Barbadás-, poderán ter os seus bares ao 50% en interiores e o 75 por cento en exteriores ata as 23:00 horas, tamén con grupos limitados a seis non conviventes.

En canto á mobilidade, queda recuperada para os concellos no nivel de incidencia máis baixo -polo que este venres ábrese na área de Santiago-Ames-Teo e na améndoa de Ourense-Barbadás-. As reunións de non conviventes estarán permitidas, nos niveis de cada área, tamén nos fogares.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...