InicioMedioambiente e PatrimonioA Muralla de Lugo estrea canle de YouTube polo seu 20 aniversario...

A Muralla de Lugo estrea canle de YouTube polo seu 20 aniversario como ben mundial

Os vídeos inclúen "historias e anécdotas" ao redor da Muralla que teñen como protagonistas a destacados personaxes de distintos ámbitos da sociedade lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A canle de Youtube “A Nosa Muralla“, creado pola Xunta de Galicia, comezará este luns a emitir algún dos vídeos de felicitación con motivo do vixésimo aniversario da declaración da Muralla de Lugo como monumento Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Eses vídeos de felicitación polo que supuxo un fito para a cidade de Lugo, que serán emitidos durante os próximos seis días, teñen como protagonistas a destacados personaxes de distintos ámbitos da sociedade lucense, segundo informou a propia Xunta de Galicia.

Esas producións audiovisuais tamén inclúen “historias e anécdotas” dos seus protagonistas, que achegarán “unha visión particular” sobre esa declaración por parte da Unesco, desde o punto de vista dos deportes, a arte, a arqueolóxica, o teatro, a literatura e mesmo “a maxia”.

Os seis primeiros invitados a participar nesta iniciativa escolleron un lugar do adarve, unha das portas da Muralla ou un “recuncho especial para eles” como escenario para “compartir unha historia co resto dos lucenses e coa Muralla como protagonista”.

Con esta iniciativa arrincan os actos programados pola Xunta de Galicia en Lugo para conmemorar o XX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.  Ademais, a Xunta convida a todos os lucenses a participar neste proxecto, mediante a gravación de vídeos propios que serán emitidos a través do mesma canle a partir do día 29.

Os vídeos poden ter unha duración máxima dun minuto e, desde este luns, as persoas interesadas poidan subilos á plataforma gratuíta anosamuralla.wetransfer.com. EFE

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...