InicioSociedadeO xerente da área de Lugo alerta dunha situación "moi preocupante" na...

O xerente da área de Lugo alerta dunha situación “moi preocupante” na capital ante o aumento de casos

Destaca o efecto dos incrementos "importantes" rexistrados nas últimas dúas semanas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña, Ramón Ares, alertou este mércores de que a situación “máis difícil” en canto a incidencia da Covid-19 corresponde á capital da provincia. “Onde temos unha maior incidencia é no concello de Lugo, cunha subida importante”, comentou, en relación aos positivos rexistrados nos últimos días.

“Mantémonos nunha meseta moito máis alta que fai quince días ou que a principios de outubro”, albiscou o xerente hospitalario de Lugo. Ademais, Ramón Ares indicou que os brotes na cidade das murallas, nacen “en grupos familiares, en reunións de amigos, en botellóns ou en festas fose do ámbito familiar”.

Na provincia tamén aumentan os casos “desde mediados da semana pasada, cun incremento importante do número de positivos” que hai “todos os días”.

“É unha situación moi preocupante. O número de casos activos increméntanse e isto tradúcese nunha maior presión asistencial. A día de hoxe temos catro na UCI e 21 en planta no HULA, en Monforte seis e un na Mariña”, confirmou.

Finalmente, apelou a tomar as medidas de distanciamento, de vixilancia de contactos, insistía en “ter coidado coas reunións e grupos que é onde se observa que se producen maioritariamente os casos”.

“Os brotes activos en distintos concellos están controlados; o brote asociado a un enterro na Fonsagrada ou o de Monforte por unha comida de amigos. Na residencia (para discapacitados) de Bóveda seguimos tendo positivos”, concluíu Ramón Ares.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...