InicioSociedadeA cidade de Lugo acumula unha media diaria de entre "20 e...

A cidade de Lugo acumula unha media diaria de entre “20 e 25 casos” de covid-19

A situación, con todo, mantense estable.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo acumula nos últimos días unha media diaria de entre “20 e 25 casos” novos de covid-19, segundo os datos facilitados este xoves polo xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares.

“A día de hoxe a situación en Lugo cidade segue sendo a mesma que tiñamos onte e tamén a que observamos nos últimos días”, manifestou en referencia á urbe que permanece en fase ‘vermella’ no mapa de afectación por concellos que actualiza cada xornada a Consellería de Sanidade.

Con todo, advertiu que, desde mediados do a semana pasada, obsérvase un “incremento importante do número de casos”. “Non se incrementan dunha forma explosiva pero si que se mantén un número de casos máis altos do que tiñamos con normalidade ou con anterioridade”, indicou.

Este feito, o rexistrar máis casos todos os días e pasar a máis de cen nunha semana, é o que motivou que a cidade estea en “vermello” no mapa do Sergas sen estar “peor que hai tres días”.

“O que é importante é a tendencia, e a tendencia é o que nos preocupa, que estamos a observar que o número de casos foi aumentando e mantémonos sobre 25, 20, 24 casos novos cada día”, apuntou para asegurar que este “número de casos de forma continúa” é o que preocupa e o que se tenta “atallar”.

Ademais, sinalou que a maioría dos positivos teñen a súa orixe “en reunións, en comidas, en convivencia no fogar ou fóra do fogar”, concluía o xerente da área sanitaria de Lugo.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...