InicioSociedadeLugo aproxímase ós 500 contaxios por covid logo de rexistrar outros 24...

Lugo aproxímase ós 500 contaxios por covid logo de rexistrar outros 24 positivos

Hai 21 pacientes hospitalizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comunidade galega detectou outros 343 positivos por Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, o que supón un lixeiro descenso nos novos contaxios con respecto aos 417 contabilizados a xornada anterior. Mentres, os casos activos en Galicia aumentan en máis dun centenar ata os 5.215.

Así se desprende dos datos actualizados na web da Consellería de Sanidade na mañá deste martes con rexistros recolleitos ata as 18,00 horas do luns, nos que se reflicte que a área sanitaria de Santiago e Barbanza suma outros 87 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 66 a de Ourense; 62 a da Coruña e Cee; 48 a de Vigo; 31 a de Pontevedra e O Salnés; 25 a de Ferrole 24 a de Lugo.

En canto aos casos activos, aumentaron en todas as áreas sanitarias, salvo na de Ourense, na que descenderon en 37 ata os 1.479 segundo os datos actualizados este martes. Por contra, soben en 51 os casos activos na de Santiago e Barbanza ata os 813; en 40 na de Vigo, que se sitúa con 831; 24 na da Coruña, que conta con 876; 16 na de Ferrol, que rexistra 238; 14 na de Lugo, ata os 497; e seis na de Pontevedra, que ten 481.

HOSPITALIZADOS

En canto ós hospitalizados da área de Lugo, A Mariña e Monforte as persoas con Covid hospitalizadas descenden a 21 –unha menos–, delas tres en UCI e 18 noutras unidades de hospitalización. Ata o momento curáronse 3.048 persoas e realizado 69.400 PCR.

FALECIDOS

Ata a data faleceron en Galicia 831 persoas con Covid-19, as últimas nove vítimas foron notificadas na tarde do luns, cinco delas usuarios de residencias de maiores. En concreto, a Consellería de Sanidade notificou a morte dun home de 62 anos que se atopaba ingresado no CHUO procedente da residencia Vos Gozos de Pereiro de Aguiar, así como dunha muller de 84 anos e un home de 68 ingresados no CHUS.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...