InicioSociedadePiden 4 anos de cárcere para os tres acusados de obrigar a...

Piden 4 anos de cárcere para os tres acusados de obrigar a abortar a unha moza de 18 anos

A rapaza atopábase en situación de prostitución cando aconteceron os feitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -
O dono dun club de alterne, un cliente dese local e un xinecólogo que tiña unha clínica sen licenza enfróntanse a unha petición de catro anos e medio de cárcere por parte do ministerio fiscal por obrigar supostamente a abortar a unha moza de 18 anos que exercía a prostitución.  O xuízo por esta causa, que procede do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, celebrarase esta semana, entre os días 15 e 16 de outubro, na Audiencia Provincial de Lugo.
Os feitos acontecidos remóntanse a comezos de 2009, cando a moza, que exercía a prostitución no Club Queens mantivo relacións sexuais cun dos clientes do local, que entón rexentaba José Manuel García Adán, e supostamente quedou embarazada del. Segundo o relato do ministerio fiscal, entre febreiro e marzo de 2009, a moza informou ao suposto pai do neno do seu embarazo, así como da súa decisión de seguir adiante coa xestación, pero el tratou de convencela para que abortase.
Como a muller “mostrou reiteradamente a súa negativa” para abortar, o suposto pai púxose en contacto co propietario do Club Queens e pediulle “que o axudase” para forzala a abortar. O fiscal sostén que García Adán, “ prevaliéndose da súa superioridade” sobre a nova e da situación persoal desta, dado que “tiña 18 anos de idade, carecía de familiares en España e de calquera medio de subsistencia diferente á súa actividade no club”, cominouna a abortar.
De feito, segundo o escrito de acusación, díxolle que “se non abortaba non podería traballar no club, que era imposible que puidese ter o fillo e que el mesmo prepararía todo o necesario para que acudise a un xinecólogo amigo” seu. E fíxoo, sostén o fiscal, aínda sabendo “que ela quería continuar co seu embarazo”.
Por mor de “as presións exercidas” por García Adán e coñecidas polo outro acusado, R. L. L. T., xunto coa súa propia “situación persoal” e o “coñecemento” que a moza tiña “de anteriores comportamentos violentos” do dono do Club Queens, a muller accedeu finalmente a acompañalo o 6 de abril de 2009 a un clínica xinecolóxica na cidade de Lugo que carecía de licenza para funcionar como tal.
O xinecólogo acusado, aínda sabendo que o máis probable era que a muller “non consentiría libremente” a interrupción da xestación , practicou o aborto “sen usar anestésico algún”. O fiscal fai constar que García Adán, que a acompañou persoalmente á consulta, sabía que “o local citado non tiña autorización para practicar abortos” e carecía “dos medios sanitarios adecuados”. Ademais, o aborto foi practicado sen “solicitar o consentimento expreso e por escrito da muller gestante”.

 

  • Copiar

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...