InicioSociedadeLugo contará, finalmente, cun novo xulgado

Lugo contará, finalmente, cun novo xulgado

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ministerio de Xustiza creará tres novas unidades xudiciais en Galicia para evitar saturación pola pandemia. En concreto, serán tres xulgados do social: o número 7 da Coruña, o 4 de Lugo e o 7 de Pontevedra, en Vigo.

O departamento remitiu este xoves ao Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) a proposta de creación deste tres novas unidades xudiciais para evitar que se saturen os xulgados debido ao “extenso período de retardación estrutural da administración de xustiza” durante a pandemia.

“Con esta medida, en menos dun mes, Xustiza dá cumprimento á Lei 3/2020, de 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á covid-19 no ámbito da administración de xustiza, co obxectivo de que algunhas destas unidades de nova creación entren en funcionamento a finais deste ano“, destaca o ministerio nun comunicado.

A retardación como consecuencia da crise sanitaria da covid-19 “esixía un impulso efectivo que permita dar unha saída áxil ao volume de procedementos suspendidos e acumulados desde que se decretou o estado de alarma”, incide.

“XESTIÓNS” DE LARA MÉNDEZ

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitouse pola creación dun novo xulgado do social en Lugo, unha “moi boa noticia para os lucenses, dada a saturación de procedementos agravada pola pandemia”. Segundo indica a Subdelegación, este xoves comunicoullo á alcaldesa, Lara Méndez, quen “fixo xestións para alcanzar o cuarto xulgado do social”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...