InicioSociedadeA Policía Nacional paraliza unha festa con 90 persoas nun bar da...

A Policía Nacional paraliza unha festa con 90 persoas nun bar da cidade de Lugo

23 dos asistentes non levaban máscara.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, en servizo de Radiopatrullas, paralizaron o pasado fin de semana unha festa nun bar da cidade na que había unhas 90 persoas, 23 delas sen levar máscara. Segundo relatou a Policía Nacional, foi alertada o pasado sábado de madrugada debido á celebración dunha festa nun bar do principio da rúa Milagrosa.

Unha vez no lugar, destacaron as mesmas fontes, os axentes comprobaron como na festa había 90 persoas, das que se procedeu á denuncia de 23 por incumprir o uso da máscara debido ao contexto de pandemia pola Covid-19. Tamén a Policía procedeu a abrir un expediente de estranxeiría por irregularidades a un dos clientes, realizou acta de denuncia por permitir o consumo de bebidas na barra e outra por exceso de aforamento.

Ademais, a Policía Nacional destacou que o local “estaba en pleno funcionamento ao tres da madrugada”, polo que tamén incumpría, ao excedelo, o horario de peche. Así mesmo, foi denunciado un dos usuarios do local por desobediencia a axentes da autoridade, segundo o establecido na Lei de Seguridade Cidadá.

ÚLTIMAS

Controlado o incendio da Fonsagrada, que afecta a 65 hectáreas

Un incendio permanece activo no concello lugués da Fonsagrada, onde ata o momento arderon un...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda...