InicioSucesosBuscan a catro persoas que fuxiron logo de dar positivo por covid...

Buscan a catro persoas que fuxiron logo de dar positivo por covid na cidade de Lugo

Os fuxidos, persoas sen teito, xa foran sancionados por quebrantar a corentena e non poñer a máscara na vía pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos de Policía Local, Nacional e Autonómica buscas estes días no centro de Lugo a catro persoas positivas por covid-19 que permanecen fuxidas. A busca deu comezo por orde dun xulgado logo de que o Fogar do Transeúnte informara de que lle perdera a pista ós contaxiados, todos eles persoas sen fogar.

O feito de non contar cun domicilio fixo estaría a complicar a busca dos catro contaxiados, que ao parecer xa foran sancionados en varias ocasións por non facer uso da máscara na vía pública. Por riba, tamén foron detidos por incumprir o confinamento mesmo logo de dar positivo na PCR. Nestes momentos os axentes están a comprobar distintos puntos da cidade para dar cos fuxidos. Unha vez localizados poderían ingresar no módulo de custodia penitenciario co que conta o HULA para que cumpran obrigatoriamente a corentena. Non se descartan sancións económicas.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...