InicioPolíticaGaliza Nova iza unha estreleira xigante na Ponte Romana de Lugo

Galiza Nova iza unha estreleira xigante na Ponte Romana de Lugo

Os actos desta semana están enmarcados no 50.º aniversario da recuperación do día de Galicia e no 30.º aniversario da organización xuvenil

PUBLICADA O

- Advertisement -

Procurando unha maior participación de Lugo na celebración do Día da Patria Galega, a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego lanzará durante esta semana unha serie de actos reivindicativos por toda a cidade. O primeiro deles consistiu, este luns, no izado dunha estreleira de grandes dimensións na Ponte Romana por parte de Galiza Nova.

A programación da Semana da Patria está vencellada ao 50.º aniversario da recuperación do Día de Galicia, a festividade de Santiago Apóstolo do 25 de xullo. A división máis nova do Bloque aspira a que todo o país sexa parte activa na reivindicación do Día da Patria Galega antes do evento central que terá lugar en Compostela. É por iso que celebraranse 60 eventos ao longo da xeografía galega nas principais vilas e cidades.

Izado da estreleira na Ponte Romana de Lugo | BNG
Izado da estreleira na Ponte Romana de Lugo | BNG

Despois do acto simbólico do luns, Galiza Nova realizará unha actividade diaria ata este venres 20 de xullo. O martes 17, a partir das 18.00 horas, colocarase un mosaico para lembrar a figura de Castelao na rúa Bispo Aguirre da capital lucense. O mércores 18 está previsto percorrer a cidade cun pelotón ciclista para convidar a todas as persoas a participar nos actos do 25 de xullo en Compostela.

Para o xoves 19 organizouse un roteiro pola cidade de Lugo no que voceiro municipal do BNG, Rubén Arroxo, sinalará os lugares nos que persoeiros e organizacións relacionadas co nacionalismo tiveron presenza na cidade de Lugo. Os actos pecharán o venres 20 de xullo cunha Foliada pola Patria que se celebrará na Praza do Campo.

Estes actos coinciden, amais do medio século da recuperación do Día de Galicia, ou Día da Patria Galega, co trixésimo aniversario desta organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...