InicioLugo e contornaLugoLugo prepara un plan para recoller o lixo dos positivos por covid...

Lugo prepara un plan para recoller o lixo dos positivos por covid ante o aumento dos contaxios

O servizo xa estivo activo durante o estado de alarma, beneficiando a unha trintena de familias, segundo o Concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Como recoller o lixo dos posibles positivos por covid? Esa é a pregunta á que dá resposta o servizo que o Concello de Lugo leva desenvolvendo dende os meses do confinamento. Así o lembra o edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, que apunta que o servizo “especial” está  “a disposición de todas aquelas veciñas e veciños que estean diagnosticados de COVID ou deban permanecer en corentena”.

O obxectivo do dispositivo, continúan dende o consistorio, ten como obxetivo “frear a propagación da pandemia tanto entre a cidadanía como entre o persoal que se encarga da retirada e tratamento dos residuos”. Así, “calquera persoa que deba permanecer confinada no seu fogar” pode solicitar o desenvolvemento do servizo –de balde- no 092 facilitando os seus datos de contacto.

UNHA TRINTENA DE FAMILIAS

Segundo Santos, durante o Estado de Alarma este servizo foi empregado por arredor dunha trintena de familias lucenses coas que, durante o tempo que os seus integrantes tiveron que permanecer illados, se concertou un horario periódico para proceder á recollida dos desperdicios. Na mesma comunicación, o edil de Medio Ambiente reiterou a súa petición á poboación de “manter abertos os contenedores” do lixo para que os usuarios “non teñan que manipulalos” á hora de desbotar os seus refugallos.

“Toda a cidade, incluídas as dotacións que están na vía pública como papeleiras, bancos, varandas, marquesiñas do bus e, por suposto, os contedores son desinfectados periodicamente, sen embargo é fundamental que, a nivel particular, actuemos con toda a prudencia posible para tratar de conter os contaxios”, concluíu o responsable de Medio Ambiente.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...