InicioLugo e contornaLugoUn denunciado por non usar máscara cando transitaba por unha rúa acompañado

Un denunciado por non usar máscara cando transitaba por unha rúa acompañado

Segundo informou a Policía Local, o home denunciado "non facía uso da máscara obrigatoria" sen estar dentro de "ningunha das causas de excepción contempladas legalmente".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio denunciaron a un home de 44 anos que transitaba sen máscara acompañado doutras persoas pola rúa San Roque en Lugo.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, o home denunciado “non facía uso da máscara obrigatoria” sen estar dentro de “ningunha das causas de excepción contempladas legalmente”.

Por outra banda, axentes do Grupo Operativo Nocturno tramitaron acta-denuncia a un establecemento que se atopaba aberto ao público na rúa Sierra de Ancares, cando a licenza que lle ampara está catalogada como de lecer nocturno.

No momento de proceder á identificación da encargada do local, esta manifestou aos axentes que o seu xestor lle informou de que podía abrir o local.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...