InicioSociedadeO centro social Uxío Novoneyra será renovado para "gañar máis espazos físicos"

O centro social Uxío Novoneyra será renovado para “gañar máis espazos físicos”

O Concello de Lugo anunciou a licitación das obras de reforma por 69.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto coa concelleira de Benestar do Concello lucense, Olga López, anunciou este martes que a xunta de goberno local deste mércores aprobará a iniciación do proceso de licitación das obras de renovación do centro social Uxío Novoneyra por un importe de 69.000 euros.

A obra, desde a súa adxudicación, terá un prazo de execución de “un mes“, segundo anunciou a rexedora lucense. Para Lara Méndez os servizos sociais son “moi importantes” e a mellora prevista permitirá “ofrecer mellores servizos”. As obras de reforma do centro social lucense consistirán en “gañar en máis espazos físicos” para os usuarios e traballadores e buscar “medidas de aforro de enerxía” avanzando nunha “cidade máis verde”, como comentou a alcaldesa.

A segunda planta do edificio contará con “tres novos despachos” e unha “zona de reunión máis ampla”, sinalou, ademais dunha sala de lectura “máis grande” ocupando o sitio da antiga cafetaría do centro, segundo dixo Lara Méndez. Para a rexedora lucense “seguir mellorando as instalacións” fai que melloren “os servizos sociais”.

Mentres, para a concelleira de Benestar de Lugo, Olga López, esta é “unha mostra máis” do traballo do Concello “cos servizos sociais”. Os novos espazos para López “permitirán dar cabida a novos profesionais” que se incorporarán ao servizo para “dar aínda máis pulo” a este servizo.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...