InicioEconomíaGandeiros denuncian "ameazas" e "coaccións" para baixar aínda máis os prezos do...

Gandeiros denuncian “ameazas” e “coaccións” para baixar aínda máis os prezos do leite

Esixen a intervención da administración ante a súa "indefensión".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Novo episodio de denuncia por parte de gandeiros galegos contra as “coaccións intolerables” da empresa Inleit para “rachar o contrato asinado no mes de marzo e cambialo por un novo” que, segundo os produtores, contemplaría “peores condicións de prezos e prazos”.

Así o denunciou o presidente da plataforma Agromuralla, Roberto López, quen asegura que a empresa asentada en Teixeiro “está a presionar aos gandeiros aos que recolle o leite en Galicia” para que estes acepten cambiar o contrato que teñen asinado por outro “con prezos á baixa de entre 2 e 3 céntimos”. Segundo defenden dende a asociación, esta negociación estase a producir “baixo ameazas de deixar de recollerlles o leite e emprender accións legais contra eles”. 

PIDEN Á ADMINISTRACIÓN QUE INTERVEÑA

Ante esta circunstancia, a demanda dos gandeiros oriéntase á “intermediación da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura” ante a “indefensión” que están a sufrir. “A empresa leva semanas celebrando reunións individuais cos gandeiros para presionalos para que acepten rebaixar as cláusulas dos contratos que teñen asinados, algo que é totalmente ilegal, con presións e ameazas que son intolerables”, denuncia Roberto López.

A asociación Agromuralla lembra que Inleit, a empresa de nova creación asentada no polígono industrial de Teixeiro, de capital español e americano (Liasa e Rich’s Corporation), “contou co respaldo da Xunta de Galicia e recibiu unha importante inxección de fondos públicos para a posta en marcha da súa planta, polo que a Xunta de Galicia non pode agora lavarse as mans e mirar para outro lado cando os dereitos dos produtores se están vendo gravemente vulnerados”.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...