InicioSociedadeEstes son os puntos conflitivos das estradas de Lugo polos desprazamentos do...

Estes son os puntos conflitivos das estradas de Lugo polos desprazamentos do 1º de agosto

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección General de Tráfico (DGT) arrinca este venres a Operación Especial de Tráfico do 1º de Agosto 2020, que comeza ás 15.00 horas e prolongarase ata as 24.00 horas do domingo 1 de agosto de 2020. Nun ano marcado pola incerteza nos desprazamentos, a DGT pediu que se extremen, como en anteriores operacións, as precaucións ao volante.

De forma xenérica, o horario de maior intensidade de tráfico estímase que se produza este venres, de 16.00 a 21.00 horas; o sábado 1 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas, e o domingo 2 de agosto, de 18.00 a 22.00 horas.

Así mesmo, no relativo a Galicia, o informe apunta que se espera que a circulación se especialmente intensa en seis vías conflitivas: a AP-9, a A-6, a A-8, a A-52, a A-55 e a estrada N-550.

Na provincia de Lugo, hai tres puntos conflitivos –o Alto do Fiouco na A-8 e os accesos ás praias–, as horas con maior circulación serán entre as 15.00 horas e a medianoite o venres e entre as 10,00 horas e as 24,00 horas tanto o sábado como o domingo.

Na Coruña espérase que as horas de maior concentración de tráfico sexan o venres 31 de xullo entre as 15,00 e as 23,00 horas, o sábado 1 de agosto entre as 18,00 e as 22,00 horas e o domingo entre as 18,00 e as 23,00 horas. Nesta provincia, a DGT informa de 13 puntos conflitivos en zonas como os accesos a Santiago, A Coruña ou Ferrol.

En canto á provincia de Pontevedra, infórmase de alta densidade de tráfico entre as 15,00 horas e as 21,00 horas do venres, entre as 11,00 horas e as 14,00 horas e entre as 19,00 e as 22,00 horas do sábado e na mesma franxa horaria o domingo. Neste caso, infórmanse 14 puntos conflitivos.

Finalmente, en Ourense, a circulación será máis intensa, previsiblemente, entre as 16,00 horas e as 22,00 horas o venres, entre as 10,00 horas e as 22,00 horas do sábado e entre as 16,00 e as 22,00 horas o domingo. O tres puntos máis conflitivos afectan á cidade de Ourense.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...