InicioSociedadeOs focos da Mariña e o Saviñao mantéñense estables mentres o total...

Os focos da Mariña e o Saviñao mantéñense estables mentres o total de Galicia segue medrando

Os positivos na Mariña baixan ós 47 logo de 4 curacións e os do Saviñao mantéñense en 15.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo pasou de ser a punta de lanza dos focos a unha posición máis estabilizada. É o que se transmite dos datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade a respecto dos dous focos activos na provincia, o da Mariña e o do Saviñao, que nas últimas horas permanecen estables.

Así no caso da comarca do norte, os casos activos sitúanse en 47, catro menos que na xornada do luns, tras as 35 PCR realizadas na última xornada. A Consellería de Sanidade, sinala que a porcentaxe de PCR positivas é “moi baixo” con respecto ao momento no que se adoptaron as medidas especiais para conter o foco. Dos 47 casos positivos, a maior parte son asintomáticos ou teñen sintomatología leve.

O foco de orixe familiar rexistrado no municipio do Saviñao, pola súa banda, mantense este martes estable con 15 casos logo de ser detectado o pasado venres.

O alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, situou a orixe do contaxio nunha comida familiar por uns aniversarios na parroquia de Reiriz. A esta celebración, segundo comentou o rexedor a Europa Press, asistiron persoas “procedentes de Madrid”.

Os casos de covid detectados en Galicia seguen en aumento e, logo de 5 días de crecemento ininterrumpido, chegan xa ós 242 positivos logo de rexistrar 10 novos contaxios nas últimas 24 horas.

 

 

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...