InicioMovementos sociaisLugo dá a benvida aos nenos saharauis que pasarán o verán na...

Lugo dá a benvida aos nenos saharauis que pasarán o verán na cidade

O Concello colabora co programa de acollida Vacacións en Paz recibindo a nove cativos, que abandonan os campamentos de refuxiados durante o máis cru do verán

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 325 cativas e cativos saharauis deixarán este verán as inclemencias dos campamentos e serán acollidos en Galicia. Deles, 9 pasarán os tres meses máis cálidos do ano en Lugo, onde foron recibidos este venres pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira.

A acollida dos pequenos é posible pola achega do Concello de 7.000 euros ao programa Vacacións en Paz, en colaboración coa Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui. Entre xullo e setembro inclusive, cinco nenas e catro nenos abandonan o campamento de refuxiados de Tinduf, onde as temperaturas acadan os 50 grados centígrados.

Os rapaces terán en Lugo acceso a boa alimentación, coidado médico e material educativo, que recibiron de Ana Abelleira no Salón de Plenos da casa consistorial. Como mostra de agarimo, tamén se lles fixo entrega duns agasallos, unha mochila e unha camiseta. 

No acto compareceu así mesmo a delegada en Lugo da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Manuela Pacín. A representante e maila edil deron a benvida aos cativos e cativas, cun recoñecemento especial para quenes repiten no programa. O recibimento foi extensivo ás familias de acollida, pola súa xenerosidade, fundamental no proxecto.

Vacacións en Paz sería imposible sen a labor da Asociación e o soporte dos concellos galegos que, como o de Lugo, achegan parte dos recursos necesarios. O goberno local leva anos sendo parte da iniciativa, mais recoñece a dificultade que existe á hora de custear a acollida dos xoves refuxiados saharauis.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...