InicioEconomíaO Concello de Lugo aposta por sacar o comercio á rúa para...

O Concello de Lugo aposta por sacar o comercio á rúa para dinamizar a economía

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo presentou este luns dúas novas iniciativas para fomentar o comercio lucense e para sacar as tendas ás rúas da capital. Así, co Mercado de San Pedrín, todos os mércores do verán, e o Mercado dá Milagrosiña, todos os venres, pretenden dinamizar a economía local.

Estas dúas novas iniciativas presentounas a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao presidente da Federación de Comercio de Galicia, José María Seijas, e o concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto.

A rexedora lucense destacou que “Lugo é capital” e tamén o é “o sector do comercio”, que é principal e “primordial” para xerar “riqueza” e “dinamizar o emprego e a economía local”. Esta iniciativa supón para a alcaldesa de Lugo “un paso adiante” sobre todo por parte dos comerciantes para incrementar as vendas nos seus comercios.

Todos os mércores a partir do día 15, e todos os venres a partir do día 17 deste mes de xuño, e durante todo o verán, as rúas de San Pedro, Campo Castelo e do barrio da Milagrosa encheranse de actividades e de tendas na rúa. Lara Méndez apuntou que na iniciativa participan “máis de 170 locais” que busca as “sinerxías público privadas”.

Por parte da Federación de Comercio, o seu presidente, José María Seijas, animou aos comerciantes “a que se somen a estas iniciativas” porque “os clientes aínda non están confiados á hora de entrar nos comercios”, por iso “sacar o comercio á rúa dará confianza á xente”, comentou comentou.

Mentres, Mauricio Repetto, propulsor da iniciativa, dixo que o que pretenden é “dinamizar e apoiar ao pequeno comercio” e que as xornadas estarán marcadas “por un ambiente festivo” cheo de “actividades, música e festivadad”, concluíu.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...