Baixan os casos en Lugo xusto o día das eleccións tras máis unha semana sumando positivos

Mostra para facer un test de coronavirus | © Miguel Núñez

O número de casos activos de coronavirus en Galicia descendeu en seis ata os 253 este domingo, con catro menos na área de Lugo –onde se rexistra un gran brote na Mariña– e un máis en Vigo e outro Pontevedra. Unha baixada no foco da Mariña tras máis dunha semana con incremento de positivos e que coincide coa realización de menos PCs e coas eleccións galegas que se celebran este doingo.

Así se reflicte nos datos actualizados este domingo pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, catro seguen en unidades de hospitalización convencional –un máis que este sábado–, un na UCI –sen cambios– e 248 en seguimento domiciliario –sete menos respecto da xornada pasada–.

Dos 253 casos positivos, 199 corresponden á área de Lugo –catro menos con respecto a este sábado–; 19 á da Coruña e Cee –tres menos–; 14 á de Santiago e Barbanza –sen cambios–; 11 á de Vigo –un máis–; catro á de Ourense –uno menos–; un á de Ferrol –igual– e cinco á de Pontevedra –un máis–.

Dentro do total de casos rexistrados en Galicia hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen usuarios infectados. Sanidade apunta que, ata a data, curáronse en Galicia 10.940 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here