InicioSociedadeDenunciados outros tres cidadáns por transitar sen máscara pola vía pública en...

Denunciados outros tres cidadáns por transitar sen máscara pola vía pública en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a tres cidadáns por transitar sen levar posta máscara pola vía pública na cidade no marco da crise sanitaria polo coronavirus COVID-19.

Segundo informou a Policía Local, nos diferentes dispositivos que levan a cabo para o control do cumprimento das medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 tramitáronse tres actas de denuncia a tres cidadáns.

En concreto, indicaron as mesmas fontes sanitarias, foron denunciadas este tres persoas por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao “incumprir a obrigación de utilización da máscara de protección” cando transitaban pola vía pública “sen garantir en todo momento o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e non se atopaban en ningunha das causas de exención contempladas e o Real Decreto Lei 21/2020″.

LOCAL SANCIONADO

Por outra banda, debido ás “graves irregularidades” detectadas na noite do 8 de xullo na inspección levada a cabo pola Policía de Lugo nun establecemento hostaleiro da rúa Salvador de Madariaga, axentes procederon a notificar ao encargado do mesmo na madrugada deste día 10 “o decreto polo que se acorda como medida cautelar a suspensión de actividade no prazo de 24 horas seguintes á recepción da notificación”.

Ademais, advertíronlle de que, en caso de incumprimento, procederase por efectivos deste corpo policial a precintar o establecemento.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...