O PP mantén os seus actos electorais na Mariña a pesar do rebrote

O partido conservador na zona recibiu unha única indicación, a de ser "especialmente respectuoso" coas recomendacións sanitarias.

Acto do PP en Lugo / AXM

O presidente da Xunta de Galicia e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, non tiña actos de campaña previstos na Mariña Lucense, comarca que sofre un brote da pandemia con 85 infectados, e o partido na zona recibiu unha única indicación, a de ser “especialmente respectuoso” coa normativa sanitaria, comunicaron a Efe fontes dos populares.

MAREA GALEGUISTA PIDE O APRAZAMENTO DOS COMICIOS SE NON SE “GARANTE” O DEREITO AO VOTO

A Consellería de Sanidade informou este sábado de que outros 26 positivos elevan a 85 os casos activos de coronavirus detectados polo Saúde Pública do Servizo Galego de Saúde (Sergas). O número de casos documentados oficialmente aumentou nun 59% nos últimos tres días. Partidos como o PSdeG, BNG e Galicia En Común-Anova Mareas anunciaron que suspenderán os actos na bisbarra. Os tres partidos criticaron a decisión de convocar os comicios para o 12 de xullo.

A Marea Galeguista pediu o aprazamento das eleccións autonómicas se o brote impiden o dereito ao voto, despois de manifestarse de acordo coa celebración dos comicios nesta data.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here