InicioEconomíaO Arde Lucus medra en espectáculo, mais non en recadación

O Arde Lucus medra en espectáculo, mais non en recadación

Malia a gastar un 16 por cento máis con respecto a 2016 sen novos ingresos, o Arde Lucus mantivo o superávit polo aumento nas partidas de Concello e Xunta

PUBLICADA O

- Advertisement -

A recreación histórica por excelencia de Lugo amosou un ano máis datos abraiantes. O Arde Lucus volveu medrar en número de asociacións e en eventos para desfrute de veciños e visitantes, ampliando as localizacións cara o cinto verde da cidade. Porén, as contas que fixo públicas o Concello ilustran que este festexo aumentou o gasto nun 16 por cento, malia a non obter novos ingresos dende 2016. O superávit mantívose, por tanto, con recargo ao erario público.

A información foi aportada pola concelleira de Cultura, Carmen Basadre, en reunión da corporación municipal. Como novidade, o Arde Lucus acadou nesta edición o Selo do Ano Europeo da Cultura, distinción que tamén comparte a programación cultural vencellada. Cuns ingresos de 442.513 euros, e un gasto de 389.469, o balance é dun superávit de arredor de 53.000 euros

Con todo, a contabilidade ten un importante recurso ao gasto público. Con respecto a 2016, a achega do Concello pasou de 220.000 a 300.000 euros; o da Deputación mantívose en 18.000 euros; e o da Xunta multiplicouse por oito, de 3.000 a 25.000 euros. Isto fixo que a dependencia do Arde Lucus do ingreso das administracións pasara do 63 ao 67 por cento.

Mentres, a gran festa castrexa e romana quedou con practicamente a mesma recadación. En 2016, os patrocinadores privados aportaron 48.000 euros, e o obtido por venda de entradas e restauración ascendeu a 58.000 euros. Por contra, en 2018 houbo máis patrocinadores, pero aportaron a mesma cantidade; e as vendas do Macellum, tabernas e postos de comida, e os tres espectáculos de pago -Circo Romano, Harpastvm e Divinivm- recadaron 52.010 euros. 

Sen incremento dos ingresos, o Arde Lucus evolucionou dos 200 espectáculos programados en 2016 aos 350 eventos de 2018, a cargo de 17 asociacións históricas. En total, 44 colectivos –moitos deles foráneos, con representación francesa, romanesa ou italiana– participaron no desfile da 17.ª edición desta Festa de Interese Turístico galego e estatal. O capítulo de gastos aumentou en 54.000 euros, en especial no investimento en asociacións históricas e publicidade.

Estiveches no desfile do Arde Lucus? Búscate!

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...