InicioSucesosCuadriplica a taxa de alcol permitida logo de provocar un accidente en...

Cuadriplica a taxa de alcol permitida logo de provocar un accidente en Lugo

Os feitos sucederon este xoves na rúa Caravel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor que provocou un accidente na cidade de Lugo foi imputado como investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria, tras comprobar os axentes da Policía Local que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida pola lei.

Os feitos sucederon onte -18 de xuño- ás 08:50 horas na Rúa Caravel, cando axentes da Policía Local acudiron ao lugar para levantar atestado, porque o vehículo que conducía este home provocáralle danos a outro coche estacionado.

Ao chegar ao lugar do accidente, os axentes decatáronse inmediatamente de que o condutor presentaba síntomas claros de embriaguez. Ao sometelo á proba de alcoholemia deu unha taxa de 1,08 miligramos de alcol por litro de aire expirado, máis de catro veces superior á permitida pola lei.

A Policía Local instruíu dilixencias para un xuízo rápido por un suposto delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...