Soben os casos de coronavirus na provincia de Lugo

Un sanitario dunha ambulancia vai recoller a unha paciente afectado polo coronavirus Covid-19 nun hospital de Lugo / c Miguel Núñez

Os casos activos de coronavirus sobiron na provincia de Lugo nas últimas 24 horas, mentres baixaron no conxunto de Galicia onde hai 869 afectados, 15 menos que os que se contabilizaban o sábado. Deles, 12 atópanse na UCI, un máis que onte.

Son datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade este domingo. Estas cifras mostran que en todas as áreas sanitarias, excepto en Lugo, rexistrouse unha diminución dos casos activos.

En concreto, A Coruña conta con 215 (-6) pacientes afectados, Lugo con 58 (+4), Ourense con 124 (-3), Vigo con 261 (-3), Santiago con 147 (-4) e en Ferrol hai 27 (-1). En Pontevedra, pola súa banda, mantéñense os 37 que se contabilizaban onte. Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here