InicioSucesosUnha empresa de Lugo recibe un paquete de cocaína por un fallo...

Unha empresa de Lugo recibe un paquete de cocaína por un fallo no servizo de mensaxería

O destino real da droga era León, onde a Policía Nacional detivo unha parella que exercían de "homes de palla" da verdadeira autora do delito, que segue en busca policial. Sóubose que ela mesma se autoenviaba as caixas de estupefacientes dende Vigo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron unha parella de León por un delito contra a saúde pública logo de que unha empresa lucense recibira por erro un paquete de cocaína cuxos destinatarios eran os agora arrestados. A Policía busca á considerada principal xefa, unha muller sen antecedentes, tamén de León, que se autoenviaba a mercadoría dende Vigo.

Así o informou a Comisaría da Policía Nacional de Lugo, que relatou que os feitos se desencadearon despois da chamada dos traballadores dunha empresa lucense que recibiu por erro un paquete que contiña dúas tabletas de cocaína. A compañía esperaba un paquete de mensaxería con diferentes documentos pero, ao abrir a caixa, descubriron droga en vez dos papeis.

Axiña se puxeron en contacto coas dependencias da Policía Nacional e ao lugar acudiron funcionarios especializados na loita contra o tráfico de drogas. Unha vez comprobado in situ que se trataba dunha sustancia estupefaciente, fixéronse cargo da mesma, así como da apertura da investigación. Así, a Policía puido saber que un erro na etiquetaxe provocou o fallo no envío, que partiu de Vigo e ía dirixido a León.

HOMES DE PALLA EN LEÓN

Unha vez se procedeu á localización precisa de ambos envíos, centrouse a investigación na cidade de León, onde se identificou o domicilio onde tiña que chegar o paquete coa droga e a onde se remitiron, no seu lugar, os documentos da empresa lucense.

Alí foi detida a parella que recibía os envíos. A investigación constatou que esta era a terceira caixa que recibían os agora detidos, que non eran máis ca “homes de palla da autora dos feitos”, destacou a Policía Nacional.

A ‘xefa’, tal como a considera a Policía, tiña montada a rede de maneira que adquiría a droga en Vigo, enviábaa a ese domicilio leonés e, no prazo dun par de días, recollíaa “sen que os receptores debesen abrir o coñecer o contido” real do paquete.

Neste caso, a muller, xa avisada do erro no envío, púxose “en contacto coa empresa de transporte para que non se faga entrega do paquete que porta a droga, xa que contén obxectos moi íntimos e non quere que ninguén os vexa”, indican as mesmas fontes policiais.

O servizo de mensaxería así o acepta, xa sabedores da operación policial que pretendía vixiar a oficina da entrega da paquetería para proceder á detención da autora. A muller non acudiu a recollelo ao sospeitar de que estaba a ser buscada. De todo iso informouse á autoridade xudicial, xunto con todo o actuado.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...