InicioSociedadeCatro casos activos máis na provincia de Lugo, que fan un total...

Catro casos activos máis na provincia de Lugo, que fan un total de 170

Aumenta levemente a presión hospitalaria, cun paciente máis na UCI do HULA. Tralo falecemento dun home de 69 anos no día de onte, xa son 27 as vítimas mortais da pandemia na área sanitaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este xoves 7 de maio un total de 170 casos activos, catro máis ca na xornada de onte. Seis persoas están a ser atendidas nas Unidades de Coidados Intensivos (+1) e dúas máis permanecen hospitalizadas en planta. Ademais, hai 162 doentes nos seus domicilios (+3).

Na última hora da tarde de onte, Sanidade informou dun novo falecemento na provincia, tras máis de dúas semanas sen que se rexistrara ningunha morte relacionada coa pandemia. Trátase dun home de 69 anos que recibía atención hospitalaria a domicilio. É a vítima número 27 do coronavirus en Lugo. 

GALICIA

No tocante á comunidade galega, xa faleceron 586 persoas, 454 en atención hospitalaria e 132 en centros xeriátricos.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...