InicioSociedadeA provincia de Lugo suma trece casos máis e os hospitais da...

A provincia de Lugo suma trece casos máis e os hospitais da capital aglutinan os ingresos en planta

O número total de positivos activos ascende a 675, sen que se rexistrara ningunha nova morte pola pandemia na última semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este martes 28 de abril un total de 675 casos activos por coronavirus, trece máis ca na xornada de onte. Deles, sete permanecen nas Unidades de Coidados Intensivos, o mesmo número de pacientes ca o pasado luns (dous na Uci da Mariña e outros cinco na do HULA).

Hai unha hospitalización máis, ata alcanzar as 25, todas nos hospitais da capital lucense. O HULA (15) e a Virxe dos Ollos Grandes (10) acumulan todos os ingresos en planta, mentres que as unidades de hospitalización do Hospital Comarcal de Monforte e o Hospital Público da Mariña seguen libres de coronavirus. Neste último só restan os dous pacientes da Uci sinalados previamente.

Seguen subindo o número de persoas infectadas que están a ser atendidas nos seus domicilios: 643, doce máis ca onte.

Por outro lado, o número de vítimas mortais pola pandemia mantense en 26 dende hai unha semana. As altas tramitadas, pola súa parte, xa supoñen 133.

GALICIA

Na comunidade galega, o número de infectados pola COVID-19 aumentou por baixo do 1% con respecto ao pasado luns. Así, cóntanse un total de 6.947 casos activos (+56), con 540 falecementos e 1.841 altas.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...