A Deputación presenta as actividades deste verán

O organismo provincial organiza xornadas medioambientais, teatro e museísticas de balde de xuño a setembro inclusive

A deputada de Turismo e Cultura, Pilar García Porto, presentou a programación de actividades de teatro e da Rede Museística para este verán | Deputación de Lugo
A deputada de Turismo e Cultura, Pilar García Porto, presentou a programación de actividades de teatro e da Rede Museística para este verán | Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo presentou ao longo desta semana o conxunto de actividades de balde, nas que poderá participar o amplo público de toda a provincia e de todas as idades. Están divididas en tres eidos: medio ambiente, museos e teatro.

MEDIO AMBIENTE

O Delegado provincial de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este venres, no Centro de Interpretación Terras do Miño a nova programación de actividades medioambientais do terceiro trimestre que se celebrarán no Centro de Interpretación Terras do Miño e na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, na que poderán participar de balde 200 persoas de todas as idades.

Fernández Queipo sinalou que “este terceiro trimestre, as actividades están pensadas especialmente para os nenos e as nenas, de maneira que nos meses de xullo e agosto, a maioría dos cursos serán para o público infantil, en setembro xa se retoman as actividades para os adultos“. Destacou tamén que “mediante estas actividades, pretendemos incentivar o interese pola riqueza da nosa provincia, tanto natural como patrimonial, ao tempo que concienciamos á cidadanía a unha práctica responsable co medio ambiente”.

O deputado lembrou que esta oferta de programación baséase “no interese que esperta na xente este tipo de iniciativas, que lle ofrece á poboación unha alternativa diferente, lúdica e tamén formativa, e totalmente gratuíta”, resaltou a “importancia de actividades ao aire libre e relacionadas coa natureza para afianzar o vencello entre os máis pequenos e a natureza”.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas nas Terras do Miño deberán reservar a súa praza a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar aos teléfonos 982 227 812 ou 982 305 930 para obter máis información.

Conferencias:

– O 27 de setembro celebrarase unha conferencia sobre a Identificación de Cogomelos, entre as 19:30 horas e as 21:30 horas, e para a que hai 20 prazas.

Para os máis pequenos:

– Os días 2 e 3 de xullo celebrarase o obradoiro Cultivando plantas en testos e aprendendo a regar, de 10:00 a 14:00 horas. Haberá 20 prazas para cada xornada. O primeiro día estará dirixido a nenos/as de 5 a 8 anos, e o día 3 será para nenos/as de 9 a 12 anos.

– Do 4 ao 7 de xullo haberá de 10:00 horas a 14:00 horas, un Curso de Fotografía para nenos: A natureza, retratamos flora e fauna no Río Rato. O curso conta con 20 prazas e está dirixido a nenos/as de 8 a 10 anos.

– Do 9 ao 13 de xullo, con 20 prazas, celebrarase un campamento de verán de 10:00 horas a 14:00 horas.

Para adultos:

– O día 1 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, terá lugar o curso Apicultura en xeral, de 10:00 horas a 14:00 horas, e que oferta 20 prazas.

– Os días 8 e 9 de setembro terá lugar un Curso de fotografía: Cores e emoción da natureza. O curso oferta 12 prazas e os horarios serán, para o día 8, de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 21:00 horas. O día 9, o horario será de 11:30 horas a 14:30 horas.

– O 15 de setembro, de 10:00 horas a 14:00 horas, con 20 prazas, celebrarase o obradoiro O cultivo das hortalizas aproveitables polos seus froitos: tomates, pementos, berenxenas, amorodos…

– O 22 de setembro terá lugar o obradoiro O cultivo doutros indispensables na horta: leitugas, cenorias, cebolas, chícharos… de 10:00 horas a 14:00 horas. Ofértanse 20 prazas para persoas interesadas.

– O 29 de setembro haberá un obradoiro para a Elaboración de marmeladas e licores, de 10:00 horas a 14:00 horas, e para o que hai 20 prazas.

Para participar nas actividades dos Ancares é preciso reservar praza a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org e para ter máis información, as persoas interesadas poderán chamar ao teléfono 982 227 813.

Para as familias:

– O 9 de xullo celebrarase o Obradoiro de xardíns verticais con materiais reciclados, de 17:00 a 21:00 horas, na Escola de Barcia. Hai 20 prazas.

– O día 21 de xullo e 8 de setembro terá lugar o obradoiro Planificación do horto outono/inverno, con 15 prazas e que se celebrará no local da Asociación Cultural O Teixeiro, en Piornedo.

Para os máis pequenos:

– Do 20 ao 24 de agosto, con 20 prazas, terá lugar un campamento de verán na Escola de Barcia, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

– O día 28 ás 18:00 horas comezará o obradoiro Astronomía cos máis pequenos, que se prolongará ata a mañá do 29 de setembro ás 10:00 horas. Celebrarase no CPI de Cervantes e hai 20 prazas.

 

Rede museística

Pola súa banda, a Rede Museística da Deputación de Lugo comezou as súas actividades de verán este luns co Obradoiro de Máscaras Africanas no Museo Provincial de Lugo. Serán en total de 28 actividades nas que se inclúen 21 obradoiros e 7 campamentos que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: o Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. As inscricións lévanse a cabo no Departamento de Didáctica de cada Museo. Máis información aquí.

A deputada de Turismo e Cultura, Pilar García Porto, convidou a todos os interesados a “inscribirse nestas actividades que contribúen a formación ao mesmo tempo que son iniciativas lúdicas para que os máis novos se acheguen ao mundo da cultura dun xeito máis ameno e divertido”.

Son actividades para todas as idades, que terán lugar ao longo do período estival co obxectivo de ofrecerlles a posibilidade de aprender e desfrutar ao mesmo tempo, descubrir novos mundos e expresións culturais. Neste eido, coñecemento e entretemento únense nunha programación que xira arredor da  sabedoría das coleccións custodiadas nos museos da rede.

Museo Provincial de Lugo

Obradoiro: DIVERSXS

  • Data: 27 de xuño.
  • Idades: para familias.
  • Horario: de 19:00 a 21:00h.

Obradoiro: Campamento no Museo Provincial de Lugo (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)

  • Data: 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de xullo.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 6 a 15 anos.
  • Horario: de 11:00 a 14:00h.

Campamento de Arqueoloxía

Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.

  • Data: 26 e 27 de xullo.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 12 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:30h.

Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo

Museo Provincial de Lugo: 982 24 23 00 / 982 24 21 12 

Xerencia da Rede Museística: 699 836 883

xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

Museo Provincial do Mar

Obradoiro: DIVERSXS

  • Data: 30 de xuño.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 14 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:00h.

Obradoiro: Atando Cabos

Este obradoiro permitirá recoñecer os diferentes tipos de cabos, as moitas manobras do barco nas que se utilizan e os tipos de nós que son precisos para cada unha delas.

  • Data: 4 e 5 de xullo.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 14 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:00h.

Obradoiro: Máscaras africanas

Coñecerase a Colección Xoán Anllo. Arte Africana que se expón nunha sala do MPLugo e inspiraranse para facer as máscaras africanas

  • Data: 6 de xullo.
  • Prazas: 15.
  • Idades: sen límite.
  • Horario: de 11:00 a 14:00h.

Campamento Arqueoloxía:

Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.

  • Data: 11 e 12 de xullo.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 12 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro: Comer e pensar só é empezar (Actividade patrocinada por Ibermuseos dentro do proxecto Guerrilla de palabras.

Resignificar o patrimonio de saberes e sabores existentes en comidas tradicionais de Lugo (Galicia) e Arxentina como mouteiras craves da micro historia para a narrativa comunitaria en museos. Problematizar a ausencia do patrimonio gastronómico e a invisibilidade de actrices e actores nos museos e historias das súas comunidades.

  • Imparte: Leonardo Casado.
  • Data: 12 de xullo.
  • Prazas: 20.
  • Idades: Club Senior.
  • Horario: de 17:00 a 19:00h.

Obradoiro: Que caeu nas miñas redes?

O plástico é un dos materiais máis contaminantes para o océano, tardando en biodegradarse varios centos de anos. Son moitos os peixes e animais mariños que morren por asfixia ou obstrución das vías dixestivas. Obradoiro que trata de concienciar da importancia de xestionar axeitadamente os residuos e fomentar a reciclaxe.

  • Data: 18 e 19 de xuño.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 14 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:00h.

Obradoiro: Campamento no Museo Provincial do Mar (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)

  • Data: 24, 25, 26 e 27 de xullo.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 15 anos.
  • Horario: de 11:00 a 14:00h.

Obradoiro: Despregando velas

  • Data: 22 de agosto.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 14 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:00h.

Obradoiro: Coñeces a Cipriana?

Tratará de achegar o coñecemento baleeiro grazas a unha colección de ósos única no mundo por ser dunha balea xa extinguida.

  • Data: 23 de agosto.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 14 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:00h.

Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Provincial do Mar.

Museo Provincial do Mar: 982 59 45 72

museodomar@museolugo.org

Xerencia da Rede Museística: 699 836 883

xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Obradoiro: Máscaras africanas

Coñecerase a Colección Xoán Anllo. Arte Africana que se expón nunha sala do MPLugo e inspiraranse para facer as máscaras africanas

  • Data: 27 de xuño.
  • Prazas: 15.
  • Idades: sen límite.
  • Horario: de 11:00 a 14:00h.

Campamento Arqueoloxía:

Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.

  • Data: 5 e 6 de xullo.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 12 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro: Pensa en arte. As pezas falan.

Os nenos elixirán una peza de entre todas as do museo para elaborar a súa descrición que será gravada para así poder facer unha audioguía do museo.

  • Data: 10 de xullo.
  • Horario: 11:00 a 14:00h.
  • Prazas: 15.
  • Idades: sen límite.

Obradoiro: As imaxes lévannos ao camiño da palabra

Os nenos farán unhas fichas de diferentes pezas, nas que se describan as súas características.

  • Data: 11 de xullo.
  • Horario: 11:00 a 14:00h.
  • Prazas: 15.
  • Idades: Sen límite.

Obradoiro: Campamento no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)

  • Data: 7, 8, 9 e 10 de agosto.
  • Prazas: 15.
  • Idades: sen límite.
  • Horario: de 11:00 a 14:00h.

Obradoiro: As pegadas da muller de San Paio.

  • Data: 21 de agosto.
  • Horario: 11:00 a 14:00.
  • Prazas: 15.
  • Idades: sen límite.

Obradoiro: Iniciación ao gravado. Estampación

Actividade colaborativa en grupo, na que cada neno/a elaborará o seu propio tapón de selado e que cada compañeiro poderá usar para a súa creación final de estampación.

  • Data: 24 de agosto.
  • Horario: 11:00 a 14:00h.
  • Prazas: 15.
  • Idades: Sen límite.

Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Fortaleza San Paio de Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla: 982375156

sanpaiodenarla@museolugo.org 

Xerencia da Rede Museística: 699 836 883

xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

Museo Pazo de Tor

Obradoiro: Máscaras africanas

Coñecerase a Colección Xoán Anllo. Arte Africana que se expón nunha sala do MPLugo e inspiraranse para facer as máscaras africanas

  • Data: 3 de xullo.
  • Prazas: 15.
  • Idades: sen límite.
  • Horario: de 11:00 a 14:00h.

Obradoiro: Memoria do pan. Cultura de masas (Actividade patrocinada por Ibermuseos dentro do proxecto Guerrilla de palabras)

  • Imparten: Leonardo Casado e Encarna Lago
  • Data: 10 de xullo.
  • Idades: Adultos.
  • Horario: A partir das 11h.

Campamento de Arqueoloxía

Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.

  • Data: 19 e 20 de xullo.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 12 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro: Sábados no Museo Pazo de Tor (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)

  • Data: 15, 22 e 29 de setembro.
  • Prazas: 15.
  • Idades: Para familias.
  • Horario: de 11:00 a 13:30h.

Obradoiro: O misterio do labirinto

  • Data: venres, 3 de agosto.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 14 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro: Un día de labores nun pazo

  • Data: 8 de agosto.
  • Prazas: 15.
  • Idades: sen limite.
  • Horario: de 11:00 a 13:30h.

Obradoiro: Actividade de gravado. Estampación

  • Data: sábado, 28 de xullo.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 14 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro: Roteiro polos dominios de Tor

Percorrido polos anexos do Pazo e pola finca localizando elementos estruturais e agropecuarias do Pazo así como tamén se localizará flora de interés xeolocalizada.

  • Data: 10 e 18 de agosto.
  • Prazas: sen límite.
  • Idades: sen limite.
  • Horario: de 10:30 a 12:00h.
  • Nota: Será preciso vir coa roupa e calzado adecuado

Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor: 982165534

pazodetor@museolugo.org 

Xerencia da Rede Museística: 699 836 883

xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

 

TEATRO BUXIGANGA

Por último, haberá programación de teatro por toda a provincia de Lugo. O Buxiganga da Deputación comeza este sábado 30 de xuño e remata o 25 de novembro. Este ano celebra xa a X Edición e conta cun orzamento de 70.000 euros. “Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo Goberno Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios, dando a coñecer a actuación de colectivos teatrais lucenses”, sinalou a García Porto.

A deputada explicou que “co Buxiganga 2018 participarán 400 actores de teatro afeccionado en 50 Concellos da Provincia, nun total de 109 actuacións. Con esta iniciativa que promove o teatro afeccionado na provincia de Lugo, dende a Deputación cumprimos un dobre obxectivo: promocionar o teatro afeccionado, debido á grande cantidade de escolas de teatro municipais coas que contamos, e dinamizar cultural, social e economicamente os municipios da provincia, especialmente os do rural”.

O Buxiganga está dirixido a municipios e asociacións sen ánimo de lucro da provincia, que solicitan a celebración de actuacións, e as agrupacións de teatro son as que representan as obras nos Concellos e entidades que o solicitan.

ALFOZ

Sábado 27 de outubro ás 19:00 no Centro Sociocultural

(Concello de Alfoz)

A PENEDA: “A cea dos idiotas”

Sábado 3 de novembro ás 19:00 no Centro Sociocultural

(Concello de Alfoz)

UNIDADE DO ZONO: “Tren a Nápoles”

Domingo 18 de novembro ás 18:00 no Centro Sociocultural

(AMPA CEIP Castro de Ouro)

GRUPO DE TEATRO AFECCIONADO MONFORTINO: “Os intereses creados”

BARALLA

Sábado 15 de setembro ás 20:30 no Centro Sociocultural e Xuvenil

(Concello de Baralla)

A ADALA: “Elixir de xuventude”

BARREIROS

Domingo 28 de outubro ás 18:00 no Centro Sociocultural M. Díaz Sampedro de San Cosme

(Concello de Barreiros)

ARDORA: “Amor filial”

Domingo 11 de novembro ás 18:00 no Centro Sociocultural M. Díaz Sampedro de San Cosme

(Concello de Barreiros)

A RABELA TEATRO: “As consultas do Doutor Baldomero Bautista”

BECERREÁ

Sábado 8 de setembro ás 20:00 na Casa da Cultura

(Concello de Becerreá)

A RABELA TEATRO: “As consultas do Doutor Baldomero Bautista”

Sábado 3 de novembro ás 20:00 na Casa da Cultura

(Concello de Becerreá)

CENTRO TEATRAL FARO-MIÑO: “Langreira de amor”

BEGONTE

Sábado 22 de setembro ás 18:00 na Casa da AA.VV. O Castro

(Asociación Cultural Castiñeiro Milenario)

ALENTÍA TEATRO: “Manancial de fantasía”

Sábado 20 de outubro ás 19:00 Casa da Cultura de Begonte

(Asociación Cultural Castiñeiro Milenario)

A MARIÑA: “Eres único: teatro contra o bullying”

BÓVEDA

Sábado 27 de outubro ás 20:00 no Centro Sociocultural

(Concello de Bóveda)

TEATREIRAS: “Cumprimento de contrato”

Sábado 17 de novembro ás 20:30 no Centro Sociocultural

(Asociación Cultural Horticelos)

NOSTRUM CAI: “ROMANI ITE DOMUM”

Sábado 24 de novembro ás 18:00 no Centro Sociocultural

(Concello de Bóveda)

UNIDADE DO ZONO: “Tren a Nápoles”

BURELA

Sábado 10 de novembro ás 20:30 na Casa da Cultura

(Concello de Burela)

LUME ESCÉNICO: “Hotel Rosamar”

Sábado 24 de novembro ás 20:30 na Casa da Cultura

(Concello de Burela)

GRUPO DE TEATRO AUGAS DO SIL: “Un día nas portas do ceo”

CARBALLEDO

Domingo 28 de outubro ás 18:00 no Salón de Actos do Concello

(Concello de Carballedo)

ESCOLA DE TEATRO FALCATRUEIROS: “As monxas e a María”

Domingo 11 de novembro ás 18:00 no Salón de Actos do Concello

(Concello de Carballedo)

O TORQUES: “Donde as dan as toman”

CASTROVERDE

Domingo 21 de outubro ás 18:00 no Salón de Actos do CPI de Castroverde

(Concello de Castroverde)

A RABELA TEATRO: “As consultas do Doutor Baldomero Bautista”

Domingo 28 de outubro ás 18:00  no Salón de Actos do CPI de Castroverde

(Concello de Castroverde)

A ADALA INFANTIL: “Mamasiña que medo!”

CERVO

Sábado 1 de setembro ás 20:00 no Pavillón de San Román de Villaestrofe

(AA.MM.RR. As Espalladoras)

AXÓUXERES: “Non casei con todos”

Domingo 2 de setembro ás 20:00 no Pavillón de San Román de Villaestrofe

(AA.MM.RR. As Espalladoras)

O BORDELO: “Depende”

Sábado 6 de outubro ás 18:00 no Local Social de Trasbar

(Asociación de Veciños de Burgo de Trasbar)

AXÓUXERES: “Non casei con todos”

Sábado 27 de outubro ás 18:00 no Local Social de Trasbar

(Asociación de Veciños de Burgo de Trasbar)

PICO DO CASTRO: “Matías está tolo”

Domingo 28 de outubro ás 19:00 no Auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao

(Concello de Cervo)

GRUPO DE TEATRO DOWN: “Soño dunha noite de verán”

Sábado 17 de novembro ás 19:30 no Auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao

(Concello de Cervo)

GRUPO DE TEATRO AFECCIONADO MONFORTINO: “Os intereses creados”

CORGO, O

Domingo 12 de agosto ás 21:00 no Local Social da AA.VV. de Cela “Ponte de Neira”

(AA.VV de Cela “Ponte de Neira”)

UNIDADE DO ZONO: “Tren a Nápoles”

Domingo 9 de setembro ás 21:00 no Local Social da AA.VV. de Cela “Ponte de Neira”

(AA.VV de Cela “Ponte de Neira”)

PICO DO CASTRO: “Matías esta tolo”

CHANTADA

Sábado 29 de setembro ás 20:00 no Auditorio Municipal

(Concello de Chantada)

ARGALLEIRAS TEATRO: “Comedia bífida”

Sábado 10 de novembro ás 20:00 no Auditorio Municipal

(Concello de Chantada)

GRUPO DE TEATRO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ANTAS DE ULLA: “A farsa do Bululú”

FOLGOSO DO COUREL

Sábado 4 de agosto ás 18:00 no Campo da Feira de Seoane de Courel

(Asociación Comisión de Festas de San Xoán da Vila de Seoane do Courel)

TI E MÁIS EU TEATRO: “A troita do rio…”

Sábado 6 de outubro ás 19:00 no Salón de Actos do Concello

(Concello de Folgoso do Courel)

O CENTIÑO: “Zume de amorodios”

FOZ

Sábado 6 de outubro ás 19:00 no Local multiusos do Centro Social de Cangas

(Asociación Cultural e Teatral O Batán)

TEATREIRAS: “Cumprimento de contrato”

Sábado 13 de outubro ás 19:00 no Local multiusos do Centro Social de Cangas

(Asociación Cultural e Teatral O Batán)

GRUPO DE TEATRO AUGAS DO SIL: “Un día nas portas do ceo”

Domingo 28 de outubro ás 19:00 no Local multiusos do Centro Social de Cangas

(Agrupación Cultural e Deportiva Os Castros)

HIPÓCRITA TEATRO: “Hotel Desencanto”

Domingo 4 de novembro ás 19:00 no Local multiusos do Centro Social de Cangas

(Agrupación Cultural e Deportiva Os Castros)

OS TROCOS: “Farsa plautina”

Domingo 18 de novembro ás 19:00 no Local multiusos do Centro Social de Cangas

(AA.VV. de San Pedro de Cangas)

NOVA ESCENA TEATRO: “As fillas de Eva”

FRIOL

Sábado 13 de outubro ás 17:00 no Centro Social de Carballo

(Asociación Cultural Carballo Vivo)

GRUPO HUMORÍSTICO TRÍPODE: “A panxoliña máis fermosa”

Sábado 10 de novembro ás 17:00 no Centro Sociocultural de Friol

(Asociación Cultural Carballo Vivo)

TEATRO LUCHO HOSPITAL XERAL-CALDE: “O parto de Calandrino”

GUITIRIZ

Domingo 28 de outubro ás 18:00 na Casa Habanera

(Concello de Guitiriz)

A MARIÑA: “Eres único: teatro contra o bullying”

Sábado 24 de novembro ás 19:00 na Casa Habanera

(Concello de Guitiriz)

NOVA ESCENA TEATRO: “As fillas de Eva”

GUNTÍN

Sábado 10 de novembro ás 19:00 na Casa da Cultura

(Concello de Guntín)

A ADALA: “Elixir de xuventude”

INCIO, O

Domingo 14 de outubro ás 19:00 na Sala multiusos do Concello

(Concello do Incio)

CURUXAN: “Improdecente”

Domingo 21 de outubro ás 19:00 na Sala multiusos do Concello

(Concello do Incio)

GRUPO DE TEATRO AUGAS DO SIL: “Un día nas portas do ceo”

LÁNCARA

Sábado 22 de setembro ás 18:00 no Polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao

(Concello de Láncara)

ARGALLEIRAS TEATRO: “Comedia bífida”

Sábado 20 de outubro ás 18:00 no Polifuncional do campo da feira da Pobra de San Xiao

(Concello de Láncara)

OS PINCHACARNEIROS: “A ola de ouro”

LOURENZÁ

Sábado 15 de setembro ás 20:00 na Casa da Cultura

(Concello de Lourenzá)

ARGALLEIRAS TEATRO: “Comedia bífida”

Sábado 22 de setembro ás 20:00 na Casa da Cultura

(Concello de Lourenzá)

A PENEDA: “A cea dos idiotas”

LUGO

Sábado 15 de setembro ás 12:00 no Salón de Actos do Colexio de Albeiros

(ANPA CEIP Albeiros)

ALENTÍA TEATRO: “Manancial de fantasía”

MEIRA

Sábado 8 de setembro ás 18:00 na Casa da Cultura

(Asociación Cultural Eme de Meira)

A MARIÑA: “Eres único: teatro contra o bullying”

Sábado 22 de setembro ás 20:00 na Casa da Cultura

(Asociación Cultural Eme de Meira)

COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO: “Enciclopedia Álvarez”

Sábado 20 de outubro ás 20:00 na Casa da Cultura

(Concello de Meira)

O TORQUES: “Onde as dan as toman”

Domingo 25 de novembro ás 20:00 na Casa da Cultura

(Concello de Meira)

GRUPO HUMORÍSTICO TRÍPODE: “A panxoliña máis fermosa”

MONFORTE

Sábado 20 de outubro ás 20:00 na Casa da Cultura do Poeta Lois Pereiro

(Concello de Monforte)

TEATREIRAS: Cumprimento de contrato

Sábado 24 de novembro ás 20:00 na Casa da Cultura do Poeta Lois Pereiro

(Concello de Monforte)

GRUPO DE TEATRO AFECCIONADO MONFORTINO: “Os intereses creados”

MURAS

Sábado 29 de setembro ás 18:00 no Local Social

(Concello de Muras)

OS PALIMOQUIÑOS: “Borralliña”

Sábado 27 de outubro ás 18:00 no Local Social

(Concello de Muras)

CURUXAN: “Improdecente”

NOGAIS, AS

Sábado 27 de outubro ás 19:00 no Centro Sociocultural

(Concello das Nogais)

ALENTÍA TEATRO: “Manancial de fantasia”

Sábado 3 de novembro ás 18:00 no Centro Sociocultural

(Concello das Nogais)

TEATRO LUCHO HOSPITAL XERAL-CALDE: “O parto de Calandrino”

OUTEIRO DE REI

Sábado 27 de outubro ás 20:00 no Local da Asociación Penas de Rodas

(Asociación Penas de Rodas)

O CENTIÑO: “Zume de amorodios”

PALAS DE REI

Domingo 2 de setembro ás 21:00 na Casa da Cultura

(Concello de Palas de Rei)

GRUPO DE TEATRO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ANTAS DE ULLA: “A farsa do Bululú”

PANTÓN

Domingo 21 de outubro ás 18:00 no Edificio Sociocultural

(Concello de Pantón)

ACHÁDEGO TEATRO: “Balas sobre Broadway”

Domingo 28 de outubro ás 18:00 no Edificio Sociocultural

(Concello de Pantón)

OS TROCOS: “Farsa plautina”

PASTORIZA, A

Sábado 7 de xullo ás 22:00 no Centro Sociocultural Mariña Folgueira de Reigosa

(Asociación Medioambiental e Sociocultural de Veciños de Santiago de Reigosa)

A ADALA INFANTIL: “Mamasiña que medo!”

Sábado 15 de setembro ás 22:00 no Centro Sociocultural Mariña Folgueira de Reigosa

(Asociación Medioambiental e Sociocultural de Veciños de Santiago de Reigosa)

GRUPO DE TEATRO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ANTAS DE ULLA: “A farsa do Bululú”

POBRA DO BROLLÓN, A

Sábado 4 de agosto ás 19:00 na Aira de Parada de Montes

(AA.VV. de Parada de Montes)

SACARINA: “Madialeva”

POL

Sábado 29 de setembro ás 22:00 no Centro Sociocultural de Mosteiro

(Concello de Pol)

METÁTASE TEATRO: “O Euromillón”

Sábado 3 de novembro ás 22:00 no Centro Sociocultural de Mosteiro

(Concello de Pol)

LUME ESCÉNICO: “Hotel Rosamar”

Sábado 17 de novembro ás 17:00 no Centro Sociocultural de Mosteiro

(Asociación Cultural Leña Verde de Pol)

CENTRO TEATRAL FARO-MIÑO: “Langreira de amor”

PONTENOVA, A

Sábado 29 de setembro ás 20:00 na Casa da Cultura

(Asociación Lume Escénico)

ACHÁDEGO TEATRO: “Balas sobre Broadway”

PORTOMARÍN

Sábado 22 de setembro ás 17:00 na Praza do Concello

(Concello de Portomarín)

OS PALIMOQUIÑOS: “Borralliña”

Domingo 28 de outubro ás 17:00 na Praza do Concello

(Concello de Portomarín)

OS BALUROS: “Menciñeiro á forza”

QUIROGA

Sábado 10 de novembro ás 19:00 no Auditorio municipal

(Concello de Quiroga)

ESCOLA DE TEATRO FALCATRUEIROS: “As monxas e a María”

Sábado 24 de novembro ás 19:00 no Auditorio municipal

(Concello de Quiroga)

OS TROCOS: “Farsa plautina”

RÁBADE

Domingo 28 de outubro ás 18:00 no Centro Sociocultural

(Concello de Rábade)

TEATRO LUCHO HOSPITAL XERAL-CALDE: “O parto de Calandrino”

Domingo 18 de novembro ás 18:00 no Centro Sociocultural

(Concello de Rábade)

TORTA DE MILLO: “Innoveitin… ou algo”

RIBAS DE SIL

Sábado 20 de outubro ás 19:00 no Salón de Actos do Concello

(Concello de Ribas de Sil)

O BATÁN: “Bicos de vinagre”

Sábado 17 de novembro ás 19:00 no Salón de Actos do Concello

(Concello de Ribas de Sil)

PICO DO CASTRO: “Matías esta tolo”

RIBEIRA DE PIQUÍN

Sábado 15 de setembro ás 17:00 no Centro de Día Municipal

(Concello da Ribeira de Piquín)

O BATÁN: “Bicos de vinagre”

RIOTORTO

Sábado 27 de outubro ás 22:00 no Centro Sociocultural

(Concello de Riotorto)

LUME ESCÉNICO: “Hotel Rosamar”

Sábado 10 de novembro ás 22:00 no Centro Sociocultural

(Concello de Riotorto)

O BORDELO: “Depende”

SAMOS

Domingo 21 de outubro ás 20:00 no Baixo Concello

(Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos)

CURUXAN: “Improdecente”

SARRIA

Domingo 19 de agosto ás 18:00 no Local Social de Louseiro

(Asociación Cultural Os Gorriós)

TI E MÁIS EU TEATRO: “A troita do rio…”

Sábado 22 de setembro ás 18:00 no Patio ou no Comedor do CEIP Frei Luis de Granada

(ANPA do CEIP Frei Luis de Granada)

A ADALA INFANTIL: “Mamasiña que medo!”

Sábado 20 de outubro ás 17:00 no Patio ou no Comedor do CEIP Frei Luis de Granada

(ANPA do CEIP Frei Luis de Granada)

TI E MÁIS EU TEATRO: “A troita do rio…”

Sábado 17 de novembro ás 21:00 no Local Social de Louseiro

(Asociación Cultural Os Gorriós)

OS BALUROS: “Menciñeiro á forza”

SOBER

Sábado 17 de novembro ás 19:30 no Centro Sociocultural

(Concello de Sober)

GRUPO DE TEATRO DOWN: “Soño dunha noite de verán”

TABOADA

Sábado 30 de xuño ás 20:30 na Casa da Cultura (antigo Cuartel)

(Concello de Taboada)

ESCOLA DE TEATRO FALCATRUEIROS: “As monxas e a María”

Sábado 20 de outubro ás 20:30 na Casa da Cultura (antigo Cuartel)

(Concello de Taboada)

CENTRO TEATRAL FARO-MIÑO: “Langreira de amor”

Domingo 21 de outubro ás 19:00 no Local Social da Casa do Canteiro

(ACV Santa Mariña de Cerdeda)

SACARINA: “Madialeva”

Sábado 17 de novembro ás 19:00 no Local Social da Casa do Canteiro

(ACV Santa Mariña de Cerdeda)

A PENEDA: “A cea dos idiotas”

TRABADA

Sábado 1 de setembro ás 21:00 na Casa da Cultura

(Concello de Trabada)

O BORDELO: “Depende”

Sábado 6 de outubro ás 21:00 na Casa da Cultura

(Concello de Trabada)

ARDORA: “Amor filial”

TRIACASTELA

Sábado 3 de novembro ás 17:30 no Polideportivo do CEIP Eduardo Cela Vila

(Concello de Triacastela)

OS BALUROS: “Menciñeiro á forza”

VALADOURO, O

Sábado 13 de outubro ás 20:00 no Local Social de Alaxe

(Comunidade de Montes de A Laxe)

O BATÁN: “Bicos de vinagre”

Sábado 20 de outubro ás 20:00 no Centro Sociocultural Manuel Lourenzo

(Concello do Valadouro)

NOSTRUM CAI: “ROMANI ITE DOMUM”

Sábado 27 de outubro ás 20:00 no Centro Sociocultural Manuel Lourenzo

(Concello do Valadouro)

NOVA ESCENA TEATRO: “As fillas de Eva”

Sábado 10 de novembro ás 19:30 no Local Social de Alaxe

(Comunidade de Montes de A Laxe)

GRUPO HUMORÍSTICO TRÍPODE: “A panxoliña máis fermosa”

VICEDO, O

Sábado 22 de setembro ás 21:00 Local Social de Mosteiro-As Negradas

(AA.VV. O San Miguel)

O CENTIÑO: “Zume de amorodios”

Sábado 6 de outubro ás 20:00 na Casa da Cultura

(Asociación Nordés)

REBULDEIRA TEATRO: “Delicadas”

Sábado 27 de outubro ás 20:00 na Casa da Cultura

(Concello do Vicedo)

A ADALA: “Elixir de xuventude”

Sábado 10 de novembro ás 20:00 na Casa da Cultura

(Concello do Vicedo)

TORTA DE MILLO: “Innoveitin… ou algo”

VILALBA

Sábado 13 de outubro ás 20:00 no Auditorio Carmen Estévez

(Instituto de Estudios Chairegos)

HIPÓCRITA TEATRO: “Hotel Desencanto”

Sábado 27 de outubro ás 20:00 no Auditorio Carmen Estévez

(Instituto de Estudios Chairegos)

ACHÁDEGO TEATRO: “Balas sobre Broadway”

VIVEIRO

Sábado 15 de setembro ás 20:30 na Praza da Fontenova

(Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro)

ARDORA: “Amor filial”

Sábado 13 de outubro ás 20:30 no Teatro Pastor Díaz

(Concello de Viveiro)

REBULDEIRA TEATRO: “Delicadas”

Sábado 20 de outubro ás 20:30 no Teatro Pastor Díaz

(Concello de Viveiro)

COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO: “Enciclopedia Álvarez”

XERMADE

Sábado 10 de novembro ás 18:00 na Sala de Xuntas da Biblioteca Municipal

(Concello de Xermade)

METÁTASE TEATRO: “O Euromillón”

XOVE

Domingo 4 de novembro ás 19:00 no Centro Cívico

(Concello de Xove)

METÁTASE TEATRO: “O Euromillón”

Domingo 11 de novembro ás 19:00 no Centro Cívico

(Concello de Xove)

TORTA DE MILLO: “Innoveitin… ou algo”

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here