InicioSociedadeUnha empresa lucense desenvolve dous kits rápidos para a detección do COVID-19

Unha empresa lucense desenvolve dous kits rápidos para a detección do COVID-19

Un deses test podería ser utilizado por calquera persoa nas súas casas, xa que non require coñecementos técnicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A compañía biotecnolóxica lucense AMSlab, a través da súa matriz ASMsciencie, está a traballar no desenvolvemento de dous kits rápidos para a detección do COVID-19.

Na actual situación, o laboratorio lucense puxo os seus medios a disposición da sanidade española e, tras estudar distintas vías de investigación e a súa capacidade produtiva, puxo en marcha varios proxectos que se centran no deseño de sistemas de diagnóstico rápido e desenvolvemento de novos materiais para a fabricación de Equipos de Protección Individual (EPI).

Con iso, ‘Xenotechs’ -laboratorio especializado en bioloxía molecular- e o produtor CIFGA desenvolven dous kits baseados en análises xenéticas. Un deles estaría pensado para o seu uso en laboratorios, mentres que o outro, un kit de detección rápido por colorimetría que se podería utilizar en calquera condición, estaría destinado para centros de atención primaria, asistenciais e residencias.

Este último kit, explican os seus responsables, podería ser empregado por calquera persoa, dado que non é necesario ter coñecementos técnicos nin equipamento para interpretalo.

SEGUIMENTO E EQUIPOS DE PROTECCIÓN

Outra liña de investigación recae en AMSbiopharma, que está a traballar para explorar o uso do estudo a gran escala das proteínas para poder realizar un seguimento do tratamento a pacientes positivos en COVID-19.

Por último, e coa intención de facer fronte ao actual problema de abastecemento de Equipos de Protección Individual (EPI), AMSlab investiga sobre un novo tecido lavable a alta temperatura que permitiría unha completa desinfección, para alongar a vida útil da máscara.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...