InicioSucesosUn mozo que lle propinou varias navalladas a un amigo en Lugo...

Un mozo que lle propinou varias navalladas a un amigo en Lugo foi detido cando tentaba fuxir do país

É un veciño do municipio de Rábade sen antecedentes ao que localizan en Navarra cando trataba de roubar un coche para dirixirse a Francia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo de 22 anos foi detido este xoves en Navarra como presunto autor dun homicidio en grao de tentativa ao propinar varias navalladas a uns amigos seu na noite do sábado en Lugo. Foi localizado cando trataba de roubar un coche para fuxir a Francia.

Segundo informa a Policía Nacional, trátase dun veciño do municipio lucense de Rábade que non tiña antecedentes. Os feitos ocorreron sobre a medianoite do sábado, hora á que a comisaría recibe unha chamada de alerta por parte dun home que comunicaba que ao seu amigo lle deran varias coiteladas.

De inmediato, desde a sala do 091 envíase ás dotacións policiais ao Polígono das Gándaras, concretamente á rúa Leopoldo Hernández Reboredo. No lugar xa se atopaban efectivos do 061, que atendían as feridas de arma branca do agredido.

O acompañante explicou no lugar como un terceiro lle pediu ao agredido o diñeiro que portaba, gañado na ruleta. Ao negarse, o presunto agresor esgrimir un coitelo, co que lle asestou ata tres golpes: na perna, no abdome e nas costas.

O amigo da vítima comezou a lanzar obxectos contra o mozo atacante para que parase, de modo que se introduciu no seu vehículo e marchou do lugar. Despois da súa fuxida, o acompañante do agredido alertou do sucedido aos servizos policiais.

LOCALIZACIÓN E DETENCIÓN

Tras realizarse todas as pescudas necesarias para identificar o autor dos feitos -un veciño de Rábade de 22 anos-, a Comisaría Provincial avisou a todos os servizos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para a súa localización e detención.

Así, o home foi apresado este xoves na Comunidade de Navarra cando trataba de roubar un coche para fuxir ao país veciño. De todo o actuado deuse conta á autoridade xudicial correspondente.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...