InicioSucesosDevolven un rapaz a un centro de menores tras atopalo con droga...

Devolven un rapaz a un centro de menores tras atopalo con droga nunha praza de Lugo

O mozo estaba manipulando haxix na Praza da Constitución, a carón da estación de autobuses de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional identificaron e sancionaron a un menor que estaba na estación de autobuses de Lugo consumindo sustancias estupefacientes. O mozo foi reintegrado no centro de custodia Santo Anxo de Rábade, onde residía.

Segundo informou a Policía Nacional, nun control rutineiro localizouse un mozo que manipulaba haxix na Praza da Constitución. Procederon á súa identificación, pero o rapaz non portaba ningún documento. Así pois, foi trasladado a dependencias policiais na rúa Chantada, onde se puido constatar que o seu domicilio estaba fixado no centro de menores de Santo Anxo (Rábade).

Deste xeito, concretou a Policía Nacional, unha vez os axentes contactaron co centro, este fíxose cargo do menor.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...