Cristina Sanz, José Manuel Balseiro e Ramón Carballo, entre os postos altos do PP por Lugo

A economista do IGAPE ocupará o terceiro posto da candidatura, seguida da exdelegada provincial Raquel Arias.

De dereita a esquerda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, e o delegado autonómico José Manuel Balseiro | Óscar Bernárdez
De dereita a esquerda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, e o delegado territorial José Manuel Balseiro | Óscar Bernárdez - Arquivo

A lista do PP por Lugo para as eleccións autonómicas do 5 de abril presenta novidades. Aos nomes de Elena Candia e Francisco Conde (números 1 e 2), súmanselle nos primeiros postos a economista do IGAPE Cristina Sanz (3); o voceiro do PP en Lugo, Ramón Carballo; o delegado provincial, José Manuel Balseiro, xa cesado do seu cargo; ou a súa predecesora no posto, Raquel Arias (4).

Na candidatura tamén ten un oco a presidenta do PP en Vilalba, Sandra Vázquez; a cesada secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; Encarna Amigo e Daniel Vega.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here