InicioEconomíaA Deputación aproba un novo plan de contratación para "axilizar" os procesos

A Deputación aproba un novo plan de contratación para “axilizar” os procesos

O ente provincial estima sacar adiante máis de 200 contratos durante esta anualidade por un valor de vinte millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Promoción Económica da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, anunciou, tras a xunta de goberno provincial, a aprobación dun “novo plan de contratación” para o ano 2020. Prevese que axude a “axilizar” os tempos, de maneira que esta anualidade estiman levar adiante uns douscentos contratos de obras, servizos e subministros por 20 millóns de euros.

Rivera aclarou que isto permitirá “máis transparencia e certo aperturismo da institución”, ademais da redución dos tempos de contratación, xa que naqueles contratos de regulación harmonizada rebáixanse a quince días. “Imos ser máis áxiles na contratación, moito máis eficaces e moito máis efectivos”, destacou. “É unha oportunidade para mellorar o funcionamento da Deputación, xa que se traballa con previsión de futuro e coa racionalización de medios e tempos”.

Nese plan aparecen recollidas todas as actuacións de cada unha das áreas, “desde as de menor entidade ata as de maior entidade, como pode ser o da xestión das residencias ou de construción das propias residencias e tamén no referido a emulsión asfáltica”, engadiu o deputado de Promoción Económica.

PARQUE MÓBIL

De feito, na xunta de goberno deste venres tamén se aprobou a licitación do contrato de subministro de emulsión asfáltica para o Parque Móbil. Será un contrato cunha duración dun ano, prorrogable por outro máis. A contratación ascende a preto de 1 millón de euros.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...