InicioMedioambiente e PatrimonioConcentración de animalistas en Lugo para protestar contra os torneos de caza...

Concentración de animalistas en Lugo para protestar contra os torneos de caza de raposo

A cita está prevista para as 12:00 deste domingo, na Praza Maior de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varias entidades ecoloxistas e animalistas convocaron unha concentración este domingo en rexeitamento aos campionatos de caza do raposo, unha especie que consideran “clave” para a biodiversidade e equilibrio do ecosistema.

A protesta, que se celebrará ás 12:00 horas na Praza Maior de Lugo, parte da asociación Free-Fox, e está apoiada por AGAE, EQUO Galicia e a Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre.

Nun comunicado, destacan que un gran número de organizacións científicas e ecoloxistas advertiron á Xunta “de modo reiterado” acerca do efecto nocivo das matanzas de raposos sobre á biodiversidade, sobre todo na proliferación de roedores.

Por todo iso, instan o Goberno galego a prohibir estas prácticas e terminar coa caza a esta especie “imprescindible para a saúde” do medio ambiente.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...