InicioSucesosDetido por circular en sentido contrario, nun coche roubado e baixo os...

Detido por circular en sentido contrario, nun coche roubado e baixo os efectos do alcol

Arrestados dous mozos, un deles con antecedentes, por tráfico de drogas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada de Seguridade Cidadá detiveron un home de 30 anos veciño da localidade mariñá de Foz, con antecedentes, por un delito contra a seguridade do tráfico e outro de furto uso de vehículo, tras dar positivo na proba de alcoholemia despois de ser interceptado cando circulaba en sentido contrario nun turismo subtraído.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron pasadas as 2,00 horas cando unha patrulla da Brigada de Seguridade Cidadá que a área dos locais de lecer de zona de Camiño Real e inmediacións, observou como un vehículo circulaba en dirección contraria pola rúa Betanzos, “a moi baixa velocidade e obrigando a outros usuarios da vía a apartarse”.

Ao dirixirse a el para darlle o alto, o condutor baixou do turismo e deixouno na beirarrúa aberto, momento no que é identificado polos policías, que comprobaron que o individuo se atopaba baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

Por iso, relataron as mesmas fontes, solicitouse a presenza de Policía Local co fin de realizar a correspondente proba de alcoholemia, na que obtivo un resultado de 1,28 mg/l. O home foi levado a dependencias da Policía local para realizar a segunda proba e ser posto a disposición xudicial para o correspondente xuízo.

Nese tempo os policías da Brigada de Seguridade Cidadá pasaron a realizar as comprobacións do vehículo no cal circulaba, o cal figuraba a nome doutra persoa, coa que se puxeron en contacto. En concreto, o propietario manifestou que o deixou estacionado na rúa Pontevedra.

Por todo iso, e personados de novo nas dependencias da Policía Local, procederon a informar o condutor da súa detención por un delito de furto uso de vehículo así como conducir sen permiso de conducir, xa que o tenia tamén retirado. O individuo foi levado a dependencias da Policía Nacional na rúa Chantada onde se instruíron os correspondentes atestados polos feitos, do que se informou á Policía Nacional.

DROGAS

Por outra banda, axentes da Policía Nacional Adscritos á Brigada de Policía Xudicial, en coordinación cos indicativos de Radiopatrullas, detiveron este martes pasado en Lugo dous homes de 18 e 24 anos por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Segundo explicou a Policía Nacional, estes arrestos practicáronse no marco das actuacións de control que se realizan dunha maneira exhaustiva das incidencias que se desenvolven na denominada Praciña do Colexio, nas inmediacións da Praza Maior, no que se refire á reunión e posible venda de sustancias estupefacientes, entre os colectivos de mozos da cidade.

Este martes os axentes procederon á detención dos implicados cando ían distribuír unhas trinta doses entre os outros seis mozos que se atopaban no lugar. De todo iso informouse á autoridade xudicial, que decretou liberdade á espera de xuízo oral.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...