InicioSociedadeO PP de Lugo pide á Xunta e ao Concello un "sistema"...

O PP de Lugo pide á Xunta e ao Concello un “sistema” para controlar os maiores que viven sós

O portavoz do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, suxeriu este martes que a Xunta implemente un "sistema" para controlar a aqueles maiores que residen sós.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, suxeriu este martes que a Xunta implemente un “sistema” para controlar aqueles maiores que residen sós.

Esta proposta chega logo de que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, apuntase onte que “máis de 5.000” maiores de 65 anos viven sós na cidade. A rexedora manifestouno así na presentación dunhas xornadas para a atención de maiores. Os encontros celebranse en Lugo, un concello onde o 21’6% das persoas (máis de 21.400) teñen 65 ou máis anos.

Respecto diso, Carballo recoñeceu que este é un tema que “preocupa”. “Hai moitos maiores que viven sós na súa vivenda. Moitas veces levan días falecidos ou mal atendidos sen que ninguén se dea conta”, comentou o voceiro do PP. Por iso, apelou a que “Servizos Sociais do Concello” e “a Xunta de Galicia” sigan “avanzando e traballando nesa liña”, para que “eses maiores poidan ter algún sistema de comunicación” que facilite a atención das súas necesidades.

Carballo fixo fincapé nas circunstancias particulares das “54 parroquias rurais” de Lugo. “Hai que pór fondos e traballo dende os Servizos Sociais para poder detectar estes primeiros problemas” nestas zonas, dixo. Desa maneira poderíase reducir o número de caso de persoas maiores que falecen sen que ninguén repare niso ata días despois.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...