InicioSociedadeSó o 15'7% dos edificios de Lugo adaptaron as súas instalacións para...

Só o 15’7% dos edificios de Lugo adaptaron as súas instalacións para seguir coa TDT

As comunidades de veciños deben ter feitas estas modificacións antes do 11 de febreiro se queren seguir gozando da oferta completa da televisión dixital. Existe un plan de axudas estatal para sufragar os custos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A falta de só un mes para que algunhas canles da TDT deixen de emitir nas súas antigas frecuencias en 58 concellos de Lugo, só o 15,7% dos edificios comunitarios fixeron as adaptacións precisas nas súas instalacións para seguir gozando da oferta completa da televisión dixital.

En declaracións a EFE, o subdirector xeral de Planificación e Xestión do Espectro Radioeléctrico, Antonio Fernández, explicou que esas comunidades teñen que “substituír os módulos antigos polos novos” antes do próximo 11 de febreiro. Trátase dun traballo que ten que realizar “un instalador”, sen “moita complicación”, pero para iso as comunidades de veciños teñen “que tomar a decisión” e os seus “presidentes ou administradores” chamar a un profesional para que se ocupe de facer os cambios necesarios.

PLAN DE AXUDAS

Lembrou que este cambio non supón ningún tipo de “obsolescencia” para os descodificadores que teñen os usuarios particulares nos seus fogares e, aínda que os cambios que hai que facer na instalación comunitaria teñen “un custo”, existe tamén un “plan de axudas” para o seu financiamento por parte do Goberno de España.

Precisou, así mesmo, que a partir do 11 de febreiro todos os veciños deses 58 municipios da provincia  deberán, en todo caso, resintonizar os seus televisores, con axuda do mando a distancia.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...