InicioSociedadeMario Vázquez Carballo, reelixido como deán da Catedral de Lugo

Mario Vázquez Carballo, reelixido como deán da Catedral de Lugo

Ocupará o cargo nos seguintes catro anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cóengo e vigairo xeral da Diocese, Mario Vázquez Carballo, foi reelixido como deán da Catedral de Lugo para o próximos catro anos.

Segundo informou a diocese nun comunicado, o pasado 21 de novembro, en sesión extraordinaria, o cabido catedralicio procedeu á elección de Mario Vázquez, nomeado agora polo bispo da diocese, monseñor Alfonso Carrasco.

Por outra banda, este venres, día 27, o seminario diocesano acollerá unha xornada de formación, que este ano está dedicada ao tema de Cáritas. Comezará ás 11,00 e finalizará sobre as 14,00 horas.

Na primeira parte, o vigairo de Pastoral da diocese, Luis Manuel Rodríguez, disertará sobre Cáritas na Igrexa, a súa fundamentación teolóxica pastoral e o pasado e presente da caridade no pensamento cristián. Na segunda parte darase a coñecer o labor concreto que realiza Cáritas diocesana de Lugo.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...