Unha nova manda de xabaríns vista preto das Termas, en Lugo

Varios condutores tiveron que evitar unha nova manda de porcos bravos na Avenida Infanta Elena.

Xabarís no barrio da Piringalla | Javier Serén
Xabarís no barrio da Piringalla | Javier Serén

Unha nova manda de xabaríns de preto de dez individuos, a maioría deles crías, foi visto este venres á tardiña moi preto do Centro Comercial As Termas, en Lugo.

Segundo informou un condutor a Lugo Xornal, esta nova manda foi vista sobre as 20.30 horas na Avenida Infanta Elena, pasando xa a rotonda de acceso ás Termas e antes de chegar ao negocio de aluguer de vehículos Renting Credit.

Varios condutores tiveron que aminorar a marcha e mesmo facer maniobras para evitar a manda de xabaríns. Non é a primeira vez que se ven estes animais no centro da cidade ou no seu entorno urbano a pesar da campaña posta en marcha pola Xunta para tentar erradicalos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here