InicioEconomíaPSOE e BNG pon en valor as contas "eminentemente sociais" da Deputación...

PSOE e BNG pon en valor as contas “eminentemente sociais” da Deputación de Lugo

"O 33 por cento" dese orzamento "está claramente orientado cara ás persoas, cun importante investimento tamén en atención a maiores", asegura o socialista Pablo Rivera.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Innovación e Participación Cidadá de Lugo, o socialista Pablo Rivera, e a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, puxeron en valor os orzamentos “eminentemente sociais” da Deputación de Lugo.

Así o destacaron tras a xunta de goberno da institución provincial, que prevé aprobar o próximo día 5 de decembro as súas contas para 2020 que ascenderán a case 92 millóns de euros.

Pablo Rivera puxo o acento en que “o 33 por cento” dese orzamento “está claramente orientado cara ás persoas, cun importante investimento tamén en atención a maiores”. “Hai un investimento en benestar social, en teleasistencia, en cuestións que poñen no centro do debate das políticas ás persoas. Ese é un dos grandes obxectivos que perseguen”, destacou.

Rivera insistiu en que se “vai seguir traballando no aspecto social” e que a Deputación de Lugo apostará por “chegar alí onde non chegan outras administracións”.

PLAN ÚNICO

Pola súa banda, a vicepresidenta, Maite Ferreiro, destacou o papel do BNG, impulsor durante a pasada lexislatura do Plan Único de Cooperación cos concellos, nunha repartición equilibrada entre os 67 municipios da provincia.

“Dáse a oportunidade a cada concello, para que distribúan ese diñeiro e esas partidas orzamentarias da maneira máis eficaz para o achegamento ás persoas e atender as súas necesidades“, destacaba dese plan para o que se consignará o próximo ano máis de vinte millóns de euros.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...