Medalla de Ouro para os alcaldes de Lugo en democracia

Todos os grupos da corporación municipal apoiaron esta iniciativa.

Medalla de Ouro para os Alcaldes de Lugo

Os alcaldes que presidiron a corporación de Lugo no últimos corenta anos de democracia recibirán este sábado a Medalla de Ouro da cidade, a máis alta distinción que concede a administración local, polo servizo prestado aos veciños do municipio e a súa dedicación á institución municipal.

A proposta da actual alcaldesa, Lara Méndez, foi validada polos demais grupos da corporación municipal en pleno, mediante un acordo por unanimidade para conceder a Medalla de Ouro da cidade aos exalcaldes Xosé Novo Freire, Vicente Quiroga, Tomás Notario, Joaquín García Díez e José López Orozco.

“Este ano, no que celebramos o corenta aniversario da chegada da democracia ao noso país, o pleno do Concello de Lugo quere recoñecer o labor dos alcaldes que estiveron á fronte do Concello desde que en abril de 1979 os votos dos e das lucenses impulsaron unha nova etapa de apertura, liberdade e modernización”, dixo a alcaldesa.

O acto celebrarase este sábado, 30 de novembro, a partir das 12:00 horas, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here