InicioLugo e contornaLugoCríticas do colectivo feminista ao Concello de Lugo: "tratan ás mulleres coma...

Críticas do colectivo feminista ao Concello de Lugo: “tratan ás mulleres coma se estivesen nunha perruquería”

A Plataforma Feminista de Lugo critica "pasividade" á hora de implantar o protocolo VioGen e censura "o mal funcionamento" da Casa dá Muller e a falta dun Xulgado de Violencia de Xénero.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Feminista de Lugo critica a “pasividade” por parte do Concello de Lugo á hora de implantar o protocolo VioGen no municipio, porque a pesar de ser aprobada a adhesión da administración local en pleno, aínda non foi posto en marcha para atender ás vítimas da violencia machista.

A portavoz da plataforma en Lugo, Ana Torrón, afirmou que Lugo ten que sumarse a unha ferramenta que xa está a funcionar noutros municipios galegos para protexer ás vítimas da violencia machista .”Na capital lucense quedamos moi ben, aprobámola en pleno e logo metémola nun caixón e non facemos nada”, suliñou.

Así mesmo, a plataforma tamén quixo denunciar o mal funcionamento da Casa da Muller de Lugo, porque “escasea o persoal preciso para atender a casos de urxencia” e “ante mulleres que chegan con esa problemática non ten sentido que se lles estea dando número, coma se fose nunha perruquer”.

CRÍTICAS Á XUNTA

Por outra banda, este colectivo tamén lamenta “a pouca vixilancia que hai nos puntos de encontro entre proxenitores e fillos”, que actualmente son xestionados por ONG’s e non por persoal especializado da Xunta de Galicia.

A plataforma convocou para esta noite, a partir das 20:00 horas, con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista, unha manifestación diante do Concello de Lugo, na que tamén volverá reclamar a creación na cidade dun “xulgado específico e especializado en violencia de xénero”.

Ana Torrón lembrou que, no que levamos de ano e segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), houbo 270 denuncias por malos tratos só en Lugo, ademais de 62 quebrantamentos de medidas de protección á muller e 19 denuncias por supostos delitos contra a liberdade sexual e a integridade moral.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...