InicioSucesosCentos de lucenses, sen agua durante toda a fin de semana por...

Centos de lucenses, sen agua durante toda a fin de semana por unha avaría

Segundo o edil Antonio Ameijide, esta situación é o resultado do "desmantelamento que fixo o PSOE durante vinte anos das brigadas municipais, como a de augas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Centos de veciños da cidade de Lugo, residentes na rúa Rei Don García, permaneceron durante boa parte do fin de semana sen subministración de auga corrente como consecuencia dunha avaría que se produciu o sábado e que, segundo o goberno local, quedará emendada este mediodía.

O goberno local precisou que a avaría se produciu á altura do número 41-43 da rúa Rei Don García e afectou a todas as vivendas da marxe esquerda da vía, no tramo comprendido entre a Rampla de Claudio López e Pintor Laxeiro.

O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, explicou que o uso de equipos especiais para arranxar a tubaxe de fibrocemento fixo “imposible” que os traballos para reparar o rebentón e restablecer a subministración comezasen ata hoxe, polo que lamentou “as molestias causadas aos veciños”.

O grupo municipal do Partido Popular denunciou que “mentres centos de lucenses quedaban sen auga durante o fin de semana”, o edil de Medio Ambiente “non foi capaz nin de levantar o teléfono para contratar un servizo de reparación de urxencia”.

Segundo o edil Antonio Ameijide, esta situación é o resultado do “desmantelamento que fixo o PSOE durante vinte anos das brigadas municipais, como a de augas”, a cuxos traballadores o Concello de Lugo débelles “entre 3.000 e 4.000 euros por gardas e servizos extraordinarios desde hai anos”.

Ameijide xa anunciou que o PP lle pedirá explicacións a Santos pola súa falta de “dilixencia para atallar este problema”, porque “parece indicar que veu ao Concello de Lugo para abrigarse durante catro anos no canto da traballar pola cidade”. EFE

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...