InicioSociedadeBlanco reclama á Xustiza 232.000 euros por "danos morais" ocasionados pola Operación...

Blanco reclama á Xustiza 232.000 euros por “danos morais” ocasionados pola Operación Campeón

O letrado recoñece que o exconselleiro do BNG foi obxecto durante anos "dunha investigación persoal e patrimonial" e da coñecida como "pena de banco", que o obrigou a renunciar ás súas responsabilidades políticas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado que representou a Fernando Blanco pola súa imputación na chamada Operación Campeón, Xoán Antón Pérez Lema, informou de que o exconselleiro nacionalista formulou unha reclamación patrimonial ante o Ministerio de Xustiza como consecuencia da “pena de banco” que tivo que sufrir durante anos como consecuencia dun “funcionamento anormal” da propia administración.

En declaracións a EFE, o letrado confirmou que a reclamación foi formalizada o pasado 8 de novembro, só uns días antes de que vencese o prazo para a súa presentación.

Aclarou que se trata dunha reclamación por un importe superior aos 232.000 euros, dado que Fernando Blanco reclama 220.000 euros polos “danos morais” que lle ocasionou a súa imputación na chamada Operación Campeón, porque “a súa carreira política quedou totalmente liquidada”, cando chegou a ser conselleiro de Industria no goberno bipartito, ademais de sufrir durante sete anos a chamada “pena do telexornal”.

Ademais, o exconselleiro tamén reclama 12.528 euros polos gastos xurídicos que lle provocou esa imputación.

Pérez Lema explicou que, aínda que normalmente a Administración é bastante restritiva á hora de satisfacer ese tipo de reclamacións patrimoniais, poucas veces se adoptou por parte do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) unha medida no ámbito disciplinario na que se recoñece abertamente un grave incumprimento de deberes por parte de xuíz, neste caso da maxistrada Pilar de Lara.

“Está a recoñecerse unha desatención que prexudica gravemente a Fernando Blanco”, dixo o letrado, obxecto durante anos “dunha investigación persoal e patrimonial” e da coñecida como “pena de banco”, que o obrigou a renunciar ás súas responsabilidades políticas.

Segundo o letrado, “iso pódese cuantificar economicamente e pódese reclamar, polo que o fixemos”.

Pérez Lema insistiu en que esa reclamación responde aos graves prexuízos que sufriu o seu cliente, vítima “dunha causa xeral, dun despropósito, no que houbo unha vulneración masiva dos seus dereitos, o que derivou nunha gravísima pena de banco”.

O letrado entende que a xuíza Pilar de Lara é responsable de prolongar de forma indefinida” a causa” e de obstaculizar un trámite que tiña que ser de sobresemento”, a pesar de que a defensa solicitase ata en catro ocasiones, e de forma argumentada, o seu arquivo. EFE

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...